Publicacións

Galletas con cervexa

Imaxe
Galletas con cervexa Ei lambociños! Aquí van as galletas que fixo Merchi no programa Larpeiros da TVG (un pouquiño adaptadas dadas as circunstancias). INGREDIENTES: 300 g de fariña 200 g de manteiga (fría do refrixerador) 50 de azucre (máis un pouco para decorar) 1 xema de ovo 1/2 vaso de cervexa, aproximadamente (fría do refrixerador) 1 pisco de sal algún fruto seco natural para decorar (avelá, améndoa...) PREPARACIÓN.  Sobre a fariña, nun volcán ou dentro dun bol, botamos todos os ingredientes xuntos, e amasamos sen pasarnos, ata homoxeneizar, nada máis. Non hai que manipular demasiado a masa, nin darlle demasiada calor coas mans. Deixamos repousar a masa no refrixerador polo menos media hora. a masa antes de estirala Estirar a masa ata un grosor de medio centímetro, máis ou menos. Intenta que quede o máis regularmente estirado posible. con unha améndoa ou similar Cortar cun cortapastas, en formas variadas, figuriñas, ou máis simples, coma min, en...

Orellas de entroido

Imaxe
Orellas de Entroido. Postre. Que non falten no entroido !! Ingredientes: 6 ovos da pita 150 gr. de manteiga de vaca cocida 1 vaso de anís 1 vaso grande de auga tépeda con sal 1 sobre de levadura química (royal) 1,5kg. de fariña de trigo aproxidamente sucre para espolvorexar Preparación: Nun bol grande poñemos os ovos enteiros e batemos un pouco e botámoslle a auga co sal, o anís e a manteiga e ímoslle engadindo a fariña co "royal" amasándo ate que sexa unha masa elástica. Deixamos repousar unha hora ben chea nun sitio tépedo e tapada cun pano. Ainda que a masa non leveda , convenlle repousar. Enriba do mesado collemos anacos pequenos, algo menos que unha mandarina, e estíramola ate que quede o máis fina posible. Nunha tixola poñemos abondante aceite de xirasol e cando esté ben quente botámos a masa, dándolle forma de orella con dous garfos . Deixar que doren polos dous lados dándolle a volta e retirar. Espolvorexamos con sucre abondante cando aínda...

Algunha foto de Xaneiro

Imaxe
En esta época do ano comézase a traballar a terra, a preparala para ir plantando as verduras e hortalizas dentro de unhas semanas. Aquí van un par de fotos Os bancales cubertos con folla de carballo seca Están cubertos con folla para protexelos da xeada e que vai abonando a terra. O millo no "hórreo" No pallal da leña puxemos unhas cordas para colgar o millo Un par de enxertos, transplantados para dentro dun ano levalos a outro sitio mellor Se prenden ben os enxertos despóis haberá que buscarlle sitio a estas dúas pereiras. Amorodos, tamén coa folla de carballo Levamos un par de anos tapando as fresas con folla de carballo (tras limpalas ben e quitarlle as follas mortas e a maraña de "fillos" que lle saen) e séntalle moi ben. Quedalle o pe protexido do frío e despóis abona o terreo cara a primavera. Limóns xa maduros Hai uns meses estaba un pouco "triste", pero colleu forza e ten uns limón bonitos Uns par de regos de repolo ...

Kit autocultivo cogomelos (Pleurotus)

Imaxe
Non só se cultiva na horta, na terra, tamén podes ter cogomelos frescos frescos pois véndese kits para cultivo doméstico. Póñovos algunhas fotos do aspecto dun kit con Pleurotus, un dos cogomelos máis comúns e habituais en supermercados. O resultado foi bo, ao seren cociñadas recién colleitadas teñen moito aroma. A min en particular o Pleurotus de supermercado paréceme bastante insípido, pero así son máis resultóns. O proceso de "cultivo" en realidade é moi sinxelo. No kit que utilicei, o único que facía falta foi pulverizar a diario o micelio, varias veces ao dia. Eu téñoo na cociña, así que cada vez que paso por alí, bótolle unhas pulverizacións. Tarda dúas semanas en comezar a agromar, e durante ese tempo realmente parece que non pase nada, e mesmo pensas que fas algo mal, pero non, así que aparece un bultiño, en cuestión de 2-3 días hai unhas setas boas, medran a toda velocidade. DIA 2  DIA 3 DIA 4: como din as instruccións do kit, hai que coller a piña toda...

Actualización do 17 de maio: evolucion de froita e hortalizas

Imaxe
Non hai moito subimos unhas fotos da horta, que nesta época está comezando a lucir de verdade, pero é que no pasado dia 17 podía verse xa un pemento!!, e os amorodos, e as peras... vamos, que pinta dun bonito!!!

Fotos da horta o 4 de maio

Imaxe
Aquí van unhas fotos de tal como está agora a miña horta. Amorodos Pirixel amorodos moreira flor da moreira Cenorias Cereixas Cereixas Cebolo e leituga Amorodos Amrorodos en flor Espárragos Pirixel, ceboliño e tomiño Pereira Peras

Manteiga de vaca cocida (paso a paso)

Imaxe
Manteiga de vaca cocida ou clarificada. Esta receita é un básico para dispoñer da materia prima de calidade necesaria para outras receitas elaboradas. Cando falo de rosca (ou panetone) e orellas, dispoñer desta manteiga é imprescindible para lograr a textura e o sabor xenuino deses doces. Que fai falta para poder facer manteiga: nata recollida de leite enteiro de verdade. O leite cru é o ideal, pois a pasteurización altera as propiedades da graxa e as proteinas do leite, e non é tan doado retirar a nata. Ferves o leite, e ao ir enfriando, queda unha grosa capa de nata na superficie, que se pode recoller con espumadeira. Se non, nata de bote igual tamén serve, ainda que nunca probei. Intenta dispoñer de polo menos medio litro de nata, porque se non vaiche rendir moi pouca manteiga. Cunha batidora de varillas, ou a man, bate a nata como se fose para montar, pero sen azucre ningún. Se continúas batendo, pasarás de nata montada a manteiga. Cambia a cor (vira máis amarela) e...