Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

Ese forno ...

Imagen
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado

e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,...

Hoxe estivo toda a mañá cocendo.
Clica nas imaxes para velas con detalle.
Primeiro pan
con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral.




e rosquillas
teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto).


Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..



Puré de mazá e soro (Apple butter)

Imagen
Ou cómo atoparlle xeito tamén ás mazáns...

Na entrada anterior falaba de que para darlle xeito a unha cabaza, non querendo máis litros de puré ou de caldo, e logo de conxelar unha pouca, fixemos un pan (e está en proxecto unha tarta de queixo...). Pois agora tócalle ás mazás, que neste tempo tamén chegan todas xuntas, e xa fixemos marmelo, e compota, e asadas, e crúas e en empanada... Pero hai que ver de preservalas algo de tempo e ver de comelas máis tempo.
Así que aproveitando que se encende a cociña de ferro todo o día, cortamos en anacos finos, delgados (sen pelar) as mazas, e poñémolas nas bandexas do forno, coa porta entreaberta, para secalas. Así deshidratadas gárdanse tempo, e pódense ir consumindo aos poucos, en biscoitos, galletas, muesli, ou outras preparacións.



Lendo Nourishing Traditions (Sally Fallon), vin de facer o que aí describen como "apple butter", unha especie de compota, pero sen azúcar, e que podía aproveitar de novo un pouco do soro de leite que gardo…

Pan de cabaza, con noces e castañas (Pumpkin bread)

Imagen
PAN DE CABAZA

Inspirado na receita de Dan Lepard,  vista en http://www.theguardian.com/lifeandstyle/2013/aug/23/pumpkin-whey-bread-recipe-dan-lepard?INTCMP=ILCNETTXT3487, e tendo en conta que había que buscarlle xeito a unha cabaza de 20 kg, tocoulle a unha proba-experimento de engadir puré de cabaza a unha masa de pan.

Os ingredientes son fariña de trigo de forza, soro de leite, puré de cabaza e sal, e un pouco aceite de oliva. Para aproveitar o que abunda de tempada estes días, tamén lle botei ao final unhas noces do país e unhas castañas asadas, picadas, polo medio.

A fariña de trigo é convencional, de forza, e usei aproximadamente 1kg.
O soro de leite é o que recollo ao escurrir durante 24 horas os iogures caseiros (o iogur queda máis cremoso, case coma un grego ou queixo-crema, e o soro ten despois múltiples aplicacións, sendo un concentrado de minerais e probióticos).

O puré de cabaza, do que usei uns 300 g, é simplemente cabaza cocida, feita puré e escurrida, para que non aport…