Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Torta de abelás - Larpeiros TVG

Imaxe
Torta de abelás (Larpeiros TVG 20/11/2018) En vídeo http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/guiso-de-xoubas-e-torta-de-abelas-con-pexegos Aspecto da "miña" torta. Con cuberta de mazá. Ingredientes e Preparación para masa quebrada, base da torta . 200 gr. fariña pisco de sal 50 gr. de azucre 80 gr. de manteiga 1 ovo vaina de vainilla moi picadiña Peneiramos a fariña nun bol e engádimos a pisca de sal e os 50gr. de azucre. Batemos un ovo e engadímoslle a vainilla miudiña. Finalmente misturamos todo no bol xunto coa manteiga e amasamos cos dedos. Unha vez rematamos é recomendable metela unha media hora no frigorífico a repousar. para crema de abelás 125 gr de azucre 50gr fariña 2 ovos 200 ml leite 125gr abelás raiadura de limón pisquiño de canela para dar aroma ao leite Ponse o leite a lume suave nun cazo cunha pola de canela (só para aroma). Trituramos ben as abelás (tostadas), raiamos o limón. Batemos os dous ovos xunto co azucre. Botamos as abelás