Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Imaxe
Charlota de amorodos por Larpeiros TVG Fonte : Ver programa, 11 de xuño biscoito de améndoa 4 ovos 300 gr. fariña de améndoa (tamén vale de trigo, pero non é o mesmo) 200 azucre limón canela mus de amorodos 1.2kg de amorodos (en anaquiños e anacos) 500ml. nata 80gr. azucre 1 pouquiño marmelo de amorodo 5 follas de xelatina 1 cunca de arandos pola de menta feixe de biscoitos arredor enchoupados de leite Eu só lle fixen unha capa biscoito (parécese a tarta de santiago ) batemos os catro ovos co azucre, raiamoslle a codia do limon e botámola xunto cunha pinguiña de canela. untamos o molde coa manteiga e a fariña botamos os 300gr de fariña de améndoa cos ovos e o azucre e remexemos coa culler de pau. Amoado ao forno: 25' a uns 180ºC Mus (mousse?) 400ml. de nata fría e montámola, botámoslle 80gr de sucre e montámola pero non totalmente ( semimontada , semella unha preferencia persoal). auga tépeda para derreter a xelatina e ablándámolas para, sacalas a un bol onde as

Horta Marzo 2019

Imaxe
Ola! traio unhas fotos da horta que xa vai collendo xeito. Pulsa na imaxe para vela nun tamaño maior. Ceboletas, allos e cenorias As ceboletas, no plano medio, están moi bonitas e o cebolo que plantamos tamén (abaixo), pero só fará uns dez días que o plantamos. Os allos , na parte superior da imaxe, tamén están moi ben. Vense uns amorodos que trouxemos para renovar as plantas, algún tapados pola manta térmica que lla puxemos principalmente para que os paxaros non levantasen os chícharos. A dereita arriba vense a cenorias, que tamén naceron ben. Chícharos Os chícharos ( guisantes ) de este eito naceron ben e non os levantaron os paxaros porque os tapamos coa rede fina. Romeu unha foto do romeu que está todo florido, e xa as abellas traballan nel. Pexegueiros As árbores de froita de pedra tiveron estas semanas de bo tempo para ter unha boa floración e polinización. Este ano, se non hai froita de pedra, non será porque lle veu mal tempo nestas fechas. Patacas