Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imaxe
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Tarta Mousse de Castañas

Imaxe
Tarta mousse de castañas O xoves pasado os Larpeiros da TVG fixeron esta tarta de castañas e eu adapteina un pouco ao meu gusto e aos ingredientes dispoñibles. No seu facebook está dispoñible . Pero aquí vai a miña tarta. Copio e pego os ingredientes : Para a base: Masa quebrada 250gr de fariña 25gr de améndoa moida ( diferencia ) 160g de manteiga 1 ovo ( diferencia , so a xema) 1/2 cullerada pequena de sal 75g de azucre moído Para a crema de castañas:   500g de castañas cocidas en leite 4 ovos 150g de azucre  150ml de nata 35% m.g. 150g de requeixo 1 chorriño de licor de castañas, eu boteille coñac 1 cullerada sopeira de cacao en pó, que os Larpeiros non llo botaron por enriba adornando. a torta xa rematada e fría (do tempo) espolvorexamos o cacao aquí vese a base, a mousse de castaña e o cacao lista para ... ...comer! :D