Broa con pasas e Cocido para o domingo

Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe.
Con pan e viño, faise o camiño.
O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada.

Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas.

Aquí en detalle
Broa (pan de millo)
Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia.

*****************

Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P
Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Courgettis con boloñesa

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra

Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.