Semifrío de Amorodo

Sobremesa moi saborosa e refrescante.

Dificultade: baixa

Contido de enerxía: alto

Azucre e graxa: ¿qué pode fallar?  :D

Ingredientes

  • 300 gr. de tona (nata)
  • 100 gr. de queixo fresco (tipo filadelfia)
  • 200 gr. de marmelada de amorodos (caseira)
  • 50 gr. de azucre (ad libidum)
  • ornamento



copas listas para desfrutar


Preparación


Montas a tona co queixo, todo xunto, e cando está a medio montar engádeslle a cantidade de azucre que desexes.

Cando xa está montado, engádeslle ao final a marmelada e mestúralo ben.

Repártelo nas copas e adórnalas ao teu gusto. Un amorodo sería o propio, pero tamén unha cereixa (na foto), unha poliña de menta, unhas farangullas de chocolate, ...


Meter no conxelador 10 minutos antes de servir, non precisa máis.


cereixas da nosa cerdeira, nun cesto




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns