Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2007

pexegueiro e patacas

Imaxe
Estas son as patacas de cedo, naceron irregularmente pero parecen boas Estas son as flores do pexegueiro que está xunto ás tuias xa xerminadas Estas son as patacas da caixa plantadas nas moreas. Aquí vense dúas xa nacidas. E aquí as 100 plantas. Cada burato é onde están as plantas.

Nos primeiros de Abril

Imaxe
Aqui pódese ver un eito da leira contra arriba. Arriba de todo están os allos, á dereita unha pouca lechuga tapada coa tela para logo trasplantar. O que se ve xunto ó pe son os regos co cebolo. Estos dous regos son patacas "pintas" que seica quedan moibien na ensaladilla (sic). Estas son as ceboletas que están abaixo dos dous regos das patacas pintas. Abaixo das ceboletas todo é chícharos menos tres regos de tirabeques.