Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Torta de abelás - Larpeiros TVG

Imaxe
Torta de abelás (Larpeiros TVG 20/11/2018) En vídeo http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/guiso-de-xoubas-e-torta-de-abelas-con-pexegos Aspecto da "miña" torta. Con cuberta de mazá. Ingredientes e Preparación para masa quebrada, base da torta . 200 gr. fariña pisco de sal 50 gr. de azucre 80 gr. de manteiga 1 ovo vaina de vainilla moi picadiña Peneiramos a fariña nun bol e engádimos a pisca de sal e os 50gr. de azucre. Batemos un ovo e engadímoslle a vainilla miudiña. Finalmente misturamos todo no bol xunto coa manteiga e amasamos cos dedos. Unha vez rematamos é recomendable metela unha media hora no frigorífico a repousar. para crema de abelás 125 gr de azucre 50gr fariña 2 ovos 200 ml leite 125gr abelás raiadura de limón pisquiño de canela para dar aroma ao leite Ponse o leite a lume suave nun cazo cunha pola de canela (só para aroma). Trituramos ben as abelás (tostadas), raiamos o limón. Batemos os dous ovos xunto co azucre. Botamos as abelás

Secando figos

Imaxe
Agora que chegou a chuvia e algo de frío, quitamos os poucos figos que aínda quedaban na figueira para intentar secalos e conservalos unhas semanas máis. Secado Córteinos pola metade e metinos no forno da cociña de ferro . Como en esta época do ano está acendida moitas horas aproveitase así tamén o calor para secar "cousas". O millo, figos, ... Figos secando no forno Pódelos secar nun forno eléctrico , poñendo unha temperatura suave (uns 80-100ºC) e deixalos durante horas ata que están secos. Enfariñado Pasados tres ou catro días (depende do lume que fagamos), cando xa se ven con un aspecto similar ao que teñen os que che venden nas tendas (encollen e enrrugan), metinos nunha bolsa e a través dun coador (para que non faga grumos) boteille un par de culleradas de fariña. Espolvorexeille ben e despois axitei-sansaniquei a bolsa para que a fariña se pegase ben ao figo. Tras varios días secando e pasalos por fariña Están moi ricos. Hai quen dí que mellor que fre

A colleita

Imaxe
a 11 de Agosto de 2018 A nosa horta En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses. Comento, por orde, as fotografías Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas. Enrestrando as cebolas Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación Detalle dos tomates (co sulfato de cobre) Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas. "Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras) Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra

Imaxe
Inspirada por Crujiente masa philo de espinacas y queso de cabra de Isabel (Frabisa) Na miña receita substituín as espinacas por grelos . Para cantidades e procedemento está moi ben explicado na receita de Frabisa , así que aquí só porei as fotografías así como as modificacións e particularidades que da miña elaboración. Aquí está na tixola o salteado de grelos, ceboliña, uvas pasas, etc. Untando as láminas de masa filo con ovo cada lámina forrando o seu cunco, repartimos o salteado Córtanse as rodaxiñas de queixo de cabra (un par) e xa está listo para ir ao forno, uns 10' (ate que se funda o queixo). Hai que ter coidado de que non se queime a masa filo, polo que se pode tapar con papel de aluminio para protexela pero que siga fundindo o queixo. E aquí o resultado final Un primeiro plato ben sabroso e doado de facer.