A colleita

a 11 de Agosto de 2018

A nosa horta

En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses.

Comento, por orde, as fotografías


Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas.
Enrestrando as cebolas
Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación
Detalle dos tomates (co sulfato de cobre)
Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas.
"Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras)
Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é mellor comelos tenros
Plantas do #pemento de #Padrón e as do #tomate. Levamos semanas comendo nestos pementos, pero os pementos #morróns tamén están en bo estado. Os tomates xa comemos algúns, pero aínda están madurando.
Un escáncer intenta agocharse ao pe da pequena #arandeira (planta dos arandos) #blackberry. Este pequeno e inofensivo #reptil é moi común en #galicia
Framboeseira, a planta que da a #framboesa (#raspberry). É a segunda colleita do verán.
Planta que da o #espárrago. Está florecida despois de varios meses producindo. Así pode medrar e alimentarse. Máis tarde recortarémola e quedará baixo terra ate que na próxima primavera volte a brotar.
#romeu #rosemary Outra planta aromática (o limoeiro detrás). Rosmarinus officinalis
Planta de #ourego #orégano. Na foto inferior xa colgamos un pouco a secar xunto cos allos e cebolas. É unha planta aromática que utilizamos principalmente para facer os #chourizos (na matanza do #porco). Origanum Vulgare.
#fatóns, unha especie de cirola moi sabrosa. Xa están madurando ben e a ver si os paxaros e as nespras non saltan neles.
#kiwis, ate outubro non se recollen, pero xa mostran bo aspecto a pesar de que non hai tanta cantidade como o ano pasado
Aquí as restras que comentaba arriba de cebolas e #allo #garlic xa colgados
#chalotas ou #ceboletas, son pequenas cebolas moi boas para estofados e guisos
#xudías, tanto planas como redondas (as miñas preferidas) #beans

Esto só é unha mostra, o exemplo da colleita de un só día, parte de todo o que sementamos e coidamos durante tantos meses.

Podería por tamén as fotografías de


Non puxen fotografías das #cenoria, do #repolo, do #millo, da #berenxena, #patacas, das #maceira, das #fresa, as #pereira, #nabizas, #tomiño Thymus vulgaris, os tomates cherries, #acelgas, #ruibarbo, #apio, #porro, etc etc ;-)

Que se faga o traballo con ilusión non significa que non requira esforzo e constancia para limpar (a man, arrincándoas) as malas herbas, podar e limpar cando é preciso, abonar a terra, fumigar as plagas, ter ansia de ir regar cando apreta a seca (moitas veces ao amencer ou case de noite). Son horas e horas de traballo e coidados que teñen a súa recompensa non só nesta hora da colleita, se non no disfrute e satisfación que producen o seu coidado.


Ti tes horta? Comenta por aquí si che parece. Grazas ;-)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns