Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Orellas de entroido

Imagen
Orellas de Entroido. Postre.


Que non falten no entroido!!

Ingredientes:
6 ovosda pita150 gr. de manteiga de vaca cocida1 vaso de anís1 vaso grande de auga tépeda con sal1 sobre de levadura química (royal)1,5kg. de fariña de trigo aproxidamente sucre para espolvorexar

Preparación:
Nun bol grande poñemos os ovos enteiros e batemos un pouco e botámoslle a auga co sal, o anís e a manteiga e ímoslle engadindo a fariña co "royal" amasándo ate que sexa unha masa elástica.

Deixamos repousar unha hora ben chea nun sitio tépedo e tapada cun pano. Ainda que a masa non leveda, convenlle repousar.

Enriba do mesado collemos anacos pequenos, algo menos que unha mandarina, e estíramola ate que quede o máis fina posible.

Nunha tixola poñemos abondante aceite de xirasol e cando esté ben quente botámos a masa, dándolle forma de orella con dous garfos. Deixar que doren polos dous lados dándolle a volta e retirar.

Espolvorexamos con sucre abondante cando aínda está quente a orella.