Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2018

A colleita

Imaxe
a 11 de Agosto de 2018 A nosa horta En esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses. Comento, por orde, as fotografías Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas. Enrestrando as cebolas Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación Detalle dos tomates (co sulfato de cobre) Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas. "Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras) Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é