Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

Brownie de plátano, noces e sen fariña de trigo

Imaxe
Ás veces ter cousas a punto de se estragar no frigorífico ou na alacena obriga a buscarlle xeito para non tiralas. Ás veces é peor o remedio, porque se é un experimento, e non sae ben, acabas tirando con todo, pero outras veces experimentas e sae algo que anotas porque mesmo merece repetirse! E este foi un deses experimentos: había un plátano moi maduro, tiña unha taza de leite kefirada que había que gastar... e quería experimentar de novo coa fariña de coco para ver se lograba algo que fose un bo almorzo sen fariña de trigo, cunha textura agradable. Os experimentos previos coa fariña de coco (unhas madalenas e unhas galletas) non foran moi bos, está ben no gusto, pero a textura non convence. Para este brownie, de ingredientes usamos: 1 plátano ben maduro e grande (ou 2 pequenos) 1 taza de leite kefirada (kefir) 90 gramos de mateiga branda (semifundida ou pomada moi branda) 1/2 taza de cacao puro en pó 1/2 taza de sementes de liño moídas (axuda coa textura esponxosa)

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..

Puré de mazá e soro (Apple butter)

Imaxe
Ou cómo atoparlle xeito tamén ás mazáns... Na entrada anterior falaba de que para darlle xeito a unha cabaza, non querendo máis litros de puré ou de caldo, e logo de conxelar unha pouca, fixemos un pan (e está en proxecto unha tarta de queixo...). Pois agora tócalle ás mazás, que neste tempo tamén chegan todas xuntas, e xa fixemos marmelo, e compota, e asadas, e crúas e en empanada... Pero hai que ver de preservalas algo de tempo e ver de comelas máis tempo. Así que aproveitando que se encende a cociña de ferro todo o día, cortamos en anacos finos, delgados (sen pelar) as mazas, e poñémolas nas bandexas do forno, coa porta entreaberta, para secalas. Así deshidratadas gárdanse tempo, e pódense ir consumindo aos poucos, en biscoitos, galletas, muesli, ou outras preparacións. Lendo Nourishing Traditions (Sally Fallon), vin de facer o que aí describen como "apple butter", unha especie de compota, pero sen azúcar, e que podía aproveitar de novo un pouco do soro de leite q

Pan de cabaza, con noces e castañas (Pumpkin bread)

Imaxe
PAN DE CABAZA Inspirado na receita de Dan Lepard,  vista en http://www.theguardian.com/lifeandstyle/2013/aug/23/pumpkin-whey-bread-recipe-dan-lepard?INTCMP=ILCNETTXT3487, e tendo en conta que había que buscarlle xeito a unha cabaza de 20 kg, tocoulle a unha proba-experimento de engadir puré de cabaza a unha masa de pan. Os ingredientes son fariña de trigo de forza, soro de leite, puré de cabaza e sal, e un pouco aceite de oliva. Para aproveitar o que abunda de tempada estes días, tamén lle botei ao final unhas noces do país e unhas castañas asadas, picadas, polo medio. A fariña de trigo é convencional, de forza, e usei aproximadamente 1kg. O soro de leite é o que recollo ao escurrir durante 24 horas os iogures caseiros (o iogur queda máis cremoso, case coma un grego ou queixo-crema, e o soro ten despois múltiples aplicacións, sendo un concentrado de minerais e probióticos). O puré de cabaza, do que usei uns 300 g, é simplemente cabaza cocida, feita puré e escurrida, para que n

Copa marmelo e mascarpone

Imaxe
Copa de mascarpone e marmelos de tempada (amoras e morotes) A estas alturas de setembro xa está rematando a que foi unha tempada ben boa de moras silvestres. Pola zona non escasean as silveiras (:P), así que en cuestión dun par de días puidemos facer uns cuantos botes de marmelo de moras: moras silvestres limpas, azucre, zume de limón e paciencia para macerar, cocer e pasar polo "chino" para quitar as sementes... e digo paciencia para non comer as moras todas antes!! Tamén quedan ainda morotes e algúns amorodos, así que aproveitamos para facer algo de marmelo con eles tamén (co mesmo procedemento). Unha vez disponible o marmelo, imos ao tema, esta copa, que é moi moi sinxela de preparar. Dificultade: baixa Calorías: metralla pura Sabroso: moito   Ingredientes: marmelo de amora marmelo de amorodos unha tarrina de mascarpone (ou requeixo ou similar, no seu defecto, aínda que a textura cremosa do mascarpone non che é comparable!) un bote pequeno (200ml) de

Video receita. Pasta con salmón, cogomelos e tomates cherry

Imaxe
  O salmón envasado, igoal que os cogumelos e pasta, pero os "cherris" saíron de aquí este ano déronse moi ben, semellaban piñocos de uvas.

Iogures caseiros con iogurteira

Imaxe
Cómo facer iogures na casa coa iogurteira? Unha iogurteira é un aparato eléctrico que mantén nunha marxe moi estreita e constante a temperatura para que as bacterias poidan "fabricar" o iogur . Este entorno favorable pódese crear tamén nun forno ou deixando os iogures xunto a unha fonte de calor suave. Non ten moita ciencia* facer iogures. Para os meus 6 botes: - 750ml. leite de vaca. Pero de vaca eh! * - 1 iogur "bio" natural do supermercado. Ingredientes Nun bol botámos o leite, a temperatura ambiente, e engadímoslle o iogur. Remexemos ate que o iogur se integre co leite. Repartimos a mezcla nos botes de cristal, deixámolos sen a tapadeira posta , e colocámolos na iogurteira. Tapamos e conectamos o aparato. Iogurteira ... doce horas despois desconectas a iogurteira (ou se ten reloxio pois prográmala con este tempo). Probablemente haxa un pouco de condensación no borde dos botes así como na tapadeira da iogurteira. Agora tapas cada bote

PAN CASEIRO DE "MASA MADRE"

Imaxe
Pan de trigo sen levadura de panadeiro Ultimamente estou facendo probas e experimentos na casa cos fermentados. Nesta ocasión, e como estreno do que igual acaba sendo unha serie de publicacións, vouvos presentar os resultados dun pan 100% caseiro, feito con fariña de trigo "do país", de Lentura (Asociación de produtores de Dodro, Rois, Ames, Brión). A cousa é moi doada: fariña, auga e algo de tempo. Falando disto na casa, describíronme como adoitaban facer o pan nas casas tradicionalmente. Despois de cada amasada, recollían as raspas da artesa, os restos de masa que podían quedar pegados, facían un boliño e deixábano gardado nun currucho da propia artesa para que fose o fermento da amasada seguinte. Adoitaban cocer unha vez á semana, como moito, así que ese bolo quedaba alí latente, e sen facerlle máis nada.  O procedemento que estou a seguir agora é algo diferente: a mestura inicial de fariña e agua, coa que se comeza a preparar o fermento, é máis líquida que a

Ceboliño grelado

Imaxe
O ceboliño ( Allium schoenoprasum ) que tiña nun testo para telo sempre a man está "florido" desde hai uns días

Barriñas enerxéticas caseiras

Imaxe
RECEITA PARA BARRIÑAS ENERXETICAS Ingredientes: Un vaso grande de copos de avea Unha cullerada e media de salvado de trigo Un par de culleradas de fariña de amendoas 6/8 avelás naturais 6/8 noces naturais 6 orellóns de albaricoque 12 uvas pasas de Malaga 3 culleradas sopeiras de mel 1 cullerada sopeira de azucre integral de cana 50 gramos de manteiga 1 culleradiña de canela Preparacion: Cascar e picar as noces e mais as avelás, os orellóns e as uvas pasas. Mesturar todos os ingredientes secos, menos o azucre e a manteiga, e que queden ben mesturados. Nun cazo poñer ao lume o mel co azucre e mais a manteiga ata que estea o azucre ben derretido. Botar isto sobre a mistura seca e homoxeneizar ata conseguir unha pasta. Estender nun molde cuberto con papel de forno.   Opcional : cobertura de chocolate : poñer nun cazo 50/70 gramos de chocolate negro cun par de culleradiñas de leite. Fundilo ata que estea completamente derretido e verter sobre a masa con xeito. Me

Comeremos cereixas?

Imaxe
Un par de fotos de cómo van as cerdeiras este ano. Teñen só dous anos plantadas e o ano pasado non chegaron a lograr as cereixas, mais este ano semella que algunha si comeremos delas. Xa as cubrimos cunha rede fina para os paxaros. E este é o rego de patacas que está no bancal. Xa miramos e teñen unhas patacas xeitosas :D onde tamén se ve os allos, un pouco tristes, e cebolas blancas. Finalmente merecen foto tamén as mazeiras cheas de flores. Da gusto ver as abellas (e similares) traballando nelas.

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns

Imaxe
Mercamos un pequeno invernadoiro para sementar as cousas delicadas. É pequeno e manexable pois o plástico deslízase entre os arcos de soporte polo que é doado de abrir e pechar sen que se enganche o plástico. Chirivías é o primeiro que botamos O invernadoiro trae un segundo plástico con furados para épocas de máis calor para unha ventilación axeitada. E como estaba unha tarde de primavera enxertamos unha pugas de fatóns nunha claudieira. Co coitelo féndese a pola a enxertar (tras facer un corte limpo)  Métese a puga (tras aplanala) na fenda feita    Qudando tal que así      Envólvese con cinta adhesiva   Dous enxertos, espermos que polo menos agarre un