Copa marmelo e mascarpone

Copa de mascarpone e marmelos de tempada (amoras e morotes)

A estas alturas de setembro xa está rematando a que foi unha tempada ben boa de moras silvestres. Pola zona non escasean as silveiras (:P), así que en cuestión dun par de días puidemos facer uns cuantos botes de marmelo de moras: moras silvestres limpas, azucre, zume de limón e paciencia para macerar, cocer e pasar polo "chino" para quitar as sementes... e digo paciencia para non comer as moras todas antes!! Tamén quedan ainda morotes e algúns amorodos, así que aproveitamos para facer algo de marmelo con eles tamén (co mesmo procedemento).

Unha vez disponible o marmelo, imos ao tema, esta copa, que é moi moi sinxela de preparar.

Dificultade: baixa
Calorías: metralla pura
Sabroso: moito

  Ingredientes:

  • marmelo de amora
  • marmelo de amorodos
  • unha tarrina de mascarpone (ou requeixo ou similar, no seu defecto, aínda que a textura cremosa do mascarpone non che é comparable!)
  • un bote pequeno (200ml) de tona para montar (ou se tes sorte de que un veciño, amigo ou pariente teña unha cucha leiteira, e che da un pouco leite cru de cando en vez, usa mellor un pouco desa tona que lle retiras e vas gardando nunha taza no refrixerador)
  • chiculate negro en pó ou rallado.

Howto:

Sen azucre ningún a maiores, que o marmelo xa é doce abondo, montas a nata a punto de neve, e mestúrala suavemente, con coidado, co queixo mascarpone.

Comezamos a encher as copas, poñendo un bo par de culleradas de marmelo de amoras no fondo:

A continuación, con coidado de non bater, nin mesturar unha capa coa outra, botamos unha capa da crema de mascarpone. Se queres ser moi fino e coidadoso, bótala nunha manga pasteleira e colocas a crema facendo petoutiños, ou debuxos... pero a min dame lástima a crema que se estraga ao botala nas mangas pasteleiras, así con coidado, bótolle petoutiños cunha culler... e queda ben.
Despois, tamén con xeito, botamos a capa de marmelo de amorodos:
E rematamos con outra capa máis de crema.

Preparamos o chiculate (anque tamén valería cacao puro en pó):
E botámosllo na última capa espolvorexando un pouco por enriba de cada copa:



Métense no conxelador unha media hora para que pillen ben frío, e despóis pásase ao fridge para que non estean "conxelados"


Co doce do marmelo non lle fai falta azucre ningún máis, chégalle de sobra para quedar un postre ben sabroso... e farturento!
Que vos preste!


Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Courgettis con boloñesa

Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra