Entradas

Mostrando entradas de 2015

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imagen
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe.
O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada.

Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas.

Aquí en detalle
Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia.
*****************
Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Tarta Mousse de Castañas

Imagen
Tarta mousse de castañas
O xoves pasado os Larpeiros da TVG fixeron esta tarta de castañas e eu adapteina un pouco ao meu gusto e aos ingredientes dispoñibles.


No seu facebook está dispoñible.

Pero aquí vai a miña tarta.
Copio e pego os ingredientes:

Para a base: Masa quebrada 250gr de fariña 25gr de améndoa moida (diferencia) 160g de manteiga 1 ovo (diferencia, so a xema) 1/2 cullerada pequena de sal 75g de azucre moído
Para a crema de castañas:500g de castañas cocidas en leite 4 ovos 150g de azucre  150ml de nata 35% m.g. 150g de requeixo 1 chorriño de licor de castañas, eu boteille coñac 1 cullerada sopeira de cacao en pó, que os Larpeiros non llo botaron por enriba adornando.








Fungallas - Receita tradicional

Imagen
Fungallas Esta receita é un exemplo de pragmatismo e optimización dos (escasos) recursos cos que de cotío se atopaban en moitas casas galegas.
Tiñas broa, probablemente dura de varios días, e con sorte unha tira de touciño. E nada máis!
O resultado era unha comida potente, de alto valor enerxético e saciante.

1. Cortamos o touciño ou panceta en anaquiños pequenos e ímolos facendo nunha tixola a lume vivo para que solten a graxa que precisaremos despóis.


2. Collemos un anaco de broa e quitámoslle a berza da base, se a ten, ou o papel


3. Esperamos a que o touciño colla cor e solte a graxa

4. Esfariñamos a broa enrriba do touciño, sen baixar o lume.

5. Remexemos enérxicamente para ir mesturando e que non se pegue a tixola

6. Se vemos que a mistura é moi seca engadímoslle un pouco de aceita de oliva virxe extra

7. Non debe quedar enchoupado, pero tampouco seco.

8. A comer! 


Tarta de pexegos e crema pasteleira

Imagen
Tarta pexegos e crema É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba.

Ingredientes Masa quebrada
200gr fariña100gr manteiga25gr fariña de améndoa1 ovo1 chisco de sal
Preparación (masa quebrada):

Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora.

Crema pasteleira

600ml leite4 ovos1 cullerada (de comer) de sucre40gr de fariña30gr de maicena
Froita
pexego en lonchasframboesasmarmelo (de albaricoque)
Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e extendemos a crema sobre a base nunha capa dun grosor dun de…

Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños

Imagen
Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños
Tras ver a receita de este postre en Las Recetas fáciles de María. 

Fíxen o experimento :D



É un postre "contundente", así que non hai que pasarse coas cantidades, pero está riquíssssimo e fresquiño do refrixerador é moi apetitoso. Combina moi ben a crema de limón co doce da de queixo.

Herbas aromáticas

Imagen

Kiwis, Moras, Yemas...

Imagen
Rematando xuño os kiwis están moi ben presentados e se non ven unha seca que os milrre (ou peste) vai haber moitos

Levamos unhas poucas patacas e moras para facer xeado de moras
O do tarro é alfádega que trasplantamos

Transplantando lechuga

Imagen
Hoxe amenceu cuberto e fresco e fomos transplantar unha pouca lechuga entre os tomates e os pementos e regar un pouco.







Niño do merlo

Imagen
Un merlo aproveitou uns rastrollos e polas para facer o seu niño. O lugar está moi transitado, polo que debemos dar un rodeo para "non molestar"


Aproveitando que non está na casa fíxenlle unhas fotos ao niño cos catro ovos. O niño fixoo con polas das tuyas, todas trenzadas.

O peifoque xa marchou, e puidenlle facer unhas fotos ao niño. Fixo o niño no pallal, tamén nun sitio con moito tránsito e accesible.


Chegaron tamén outros "paxaros", este está a coidar dos amorodos.

Non son moitos, pero o marmelo parece que se presenta ben.

Os pementos e tomates seguen a medrar e o cebolo é moi bo.

Horta con fotos Maio

Imagen
Un mes despois xa se ven os froitos das árbores (mazás, peras, cereixas, pexegos de varias clases, claudias,...) as fresas cheas de flores, os kiwis tamén comezan a ter flores, e seguimos plantando as plantas máis delicadas agora que xa non hai risco de frío











Fotos da horta Marzo/Abril

Imagen
Ahí van unhas fotos

das últimas semanas. Non hai moito que ver pero empezan a agromar as plantas e froiteiras.