Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Kit autocultivo cogomelos (Pleurotus)

Imaxe
Non só se cultiva na horta, na terra, tamén podes ter cogomelos frescos frescos pois véndese kits para cultivo doméstico. Póñovos algunhas fotos do aspecto dun kit con Pleurotus, un dos cogomelos máis comúns e habituais en supermercados. O resultado foi bo, ao seren cociñadas recién colleitadas teñen moito aroma. A min en particular o Pleurotus de supermercado paréceme bastante insípido, pero así son máis resultóns. O proceso de "cultivo" en realidade é moi sinxelo. No kit que utilicei, o único que facía falta foi pulverizar a diario o micelio, varias veces ao dia. Eu téñoo na cociña, así que cada vez que paso por alí, bótolle unhas pulverizacións. Tarda dúas semanas en comezar a agromar, e durante ese tempo realmente parece que non pase nada, e mesmo pensas que fas algo mal, pero non, así que aparece un bultiño, en cuestión de 2-3 días hai unhas setas boas, medran a toda velocidade. DIA 2  DIA 3 DIA 4: como din as instruccións do kit, hai que coller a piña toda

Actualización do 17 de maio: evolucion de froita e hortalizas

Imaxe
Non hai moito subimos unhas fotos da horta, que nesta época está comezando a lucir de verdade, pero é que no pasado dia 17 podía verse xa un pemento!!, e os amorodos, e as peras... vamos, que pinta dun bonito!!!

Fotos da horta o 4 de maio

Imaxe
Aquí van unhas fotos de tal como está agora a miña horta. Amorodos Pirixel amorodos moreira flor da moreira Cenorias Cereixas Cereixas Cebolo e leituga Amorodos Amrorodos en flor Espárragos Pirixel, ceboliño e tomiño Pereira Peras

Manteiga de vaca cocida (paso a paso)

Imaxe
Manteiga de vaca cocida ou clarificada. Esta receita é un básico para dispoñer da materia prima de calidade necesaria para outras receitas elaboradas. Cando falo de rosca (ou panetone) e orellas, dispoñer desta manteiga é imprescindible para lograr a textura e o sabor xenuino deses doces. Que fai falta para poder facer manteiga: nata recollida de leite enteiro de verdade. O leite cru é o ideal, pois a pasteurización altera as propiedades da graxa e as proteinas do leite, e non é tan doado retirar a nata. Ferves o leite, e ao ir enfriando, queda unha grosa capa de nata na superficie, que se pode recoller con espumadeira. Se non, nata de bote igual tamén serve, ainda que nunca probei. Intenta dispoñer de polo menos medio litro de nata, porque se non vaiche rendir moi pouca manteiga. Cunha batidora de varillas, ou a man, bate a nata como se fose para montar, pero sen azucre ningún. Se continúas batendo, pasarás de nata montada a manteiga. Cambia a cor (vira máis amarela) e

Hamburguesas de lentellas

Imaxe
HAMBURGUESAS DE LENTELLAS. Receita para sustituír a carne por lentellas para facer hamburguesas. Orixinalmente lin a receita en Eat&Run , libro de Scott Jurek e que podemos ver na súa web . As fotos son miñas, o texto da receita saqueino do libro con anotacións personáis. Ingredientes (12 hamburguesas de 10cm. de diámetro). 1 taza de lentejas verdes secas (2 y un cuarto si son cocinadas) 2 tazas y un cuarto de taza de agua 1 cucharadita de perejil seco 1/4 de cucharadita de pimienta negra 3 dientes de ajo picados 1 taza y un cuarto de taza de cebolla cortada muy fina 3/4 de taza de nueces cortadas muy finas 2 tazas de pan rallado  1/2 taza de semillas de lino en polvo (harina de semillas de lino) 3 tazas de champiñones troceados en trozos pequeños 1 taza y media de col, espinacas o acelga, berza, etc., sin tallos 2 cucharadas soperas de aceite de oliva o de coco 3 cucharadas soperas de vinagre balsámico 2 cucharadas soperas de mostaza de Dijon 2 cuchara

Do porquiño (parte I): TRIPASSSS!

Imaxe
O porquiño merécese unha sección propia, porque se poden facer tantas cousas!! Xa que se sacrifica, polo menos non desperdiciar nada, e nesta entrada, que inaugura a sección, falaremos dunha receita coas TRIPAS, sí amijos, tripas, e as do intestino groso, nada menos. É un prato anti-prexuizos, que require dalgo de valentía para preparalas, e comelas despois. Isto pasa con tantas cousas!!... o pulpo, por exemplo, un bicho viscoso, que non arrecende precisamente cando está a ferver na pota, pero que despois cun simple aceite de oliva e pementón se convirte nun manxar polo adoecen tantos! Pois con isto pasa algo parecido, aínda que se comes callos (o calleiro non é mais que o estómago, e pode ser de vaca, pero o de porco tamén vale), botelo, chourizos, morcillas... pois tamén estás a comer tripas!! Así que non é nada raro, despois de todo. Comentei e preguntei a bastante xente por esta receita, ou algunha posible variante, e ninguén me dixo que a coñecese, así que para que non se per

Semifrío de turrón.

Imaxe
Semifrío de turrón. Despois de nadal, miras na lacena e bates en cousas que sabes que non acabarás comendo. Se miras no refrixerador... qué dicir!! Entón buscando un pouco cheguei esta receita , e a min quedoume así. detalle A améndoa en láminas non deixa apreciar de todo o sabor da propia améndoa do turrón. Esta rico e cremoso, e tamén doce a pesar de non terlle botado todo o sucre que indica a receita. Copio e pego ¿Qué ingredientes necesito para preparar .. Semifrio de turrón? 1 disco de bizcocho de los que venden preparados   (maaaaaaaaaaaaaaaaal!!!! ,  fai un bizcoito sinxelo) 200 gr. de turrón de Jijona Un chorrito de  nata Crocanti de almendra para decorar Para la crema: 250 ml. de leche 125 gr. de azúcar 4 yemas 5 hojas de  gelatina  neutra 400 gr. de  nata  montada Fonte:  http://semifrio-de-turron.recetascomidas.com/