Kit autocultivo cogomelos (Pleurotus)

Non só se cultiva na horta, na terra, tamén podes ter cogomelos frescos frescos pois véndese kits para cultivo doméstico.
Póñovos algunhas fotos do aspecto dun kit con Pleurotus, un dos cogomelos máis comúns e habituais en supermercados.
O resultado foi bo, ao seren cociñadas recién colleitadas teñen moito aroma. A min en particular o Pleurotus de supermercado paréceme bastante insípido, pero así son máis resultóns.
O proceso de "cultivo" en realidade é moi sinxelo. No kit que utilicei, o único que facía falta foi pulverizar a diario o micelio, varias veces ao dia. Eu téñoo na cociña, así que cada vez que paso por alí, bótolle unhas pulverizacións. Tarda dúas semanas en comezar a agromar, e durante ese tempo realmente parece que non pase nada, e mesmo pensas que fas algo mal, pero non, así que aparece un bultiño, en cuestión de 2-3 días hai unhas setas boas, medran a toda velocidade.
DIA 2

 DIA 3

DIA 4: como din as instruccións do kit, hai que coller a piña toda xunta e torsionar ata que se separa. Sepárase moi ben, limpamente.

Para atoparlle ben o gusto, só as pasei na tixola cun chisquiño de allo. Moi sabrosas!

NOTA: este kit, dunha empresa galega, di que aproveita os pousos de café usados como sustrato do micelio. Eu non sei se é que queda ainda cafeina nos pousos ou non, pero eu esa noite (tomeinos á cea) tardei en coller o sono!

En teoría ainda lle poderei sacar outras 2 ou 3 colleitas, pero ainda non está listo para a seguinte.
Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A colleita

Courgettis con boloñesa

Torta de abelás - Larpeiros TVG