Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Kit autocultivo cogomelos (Pleurotus)

Imaxe
Non só se cultiva na horta, na terra, tamén podes ter cogomelos frescos frescos pois véndese kits para cultivo doméstico. Póñovos algunhas fotos do aspecto dun kit con Pleurotus, un dos cogomelos máis comúns e habituais en supermercados. O resultado foi bo, ao seren cociñadas recién colleitadas teñen moito aroma. A min en particular o Pleurotus de supermercado paréceme bastante insípido, pero así son máis resultóns. O proceso de "cultivo" en realidade é moi sinxelo. No kit que utilicei, o único que facía falta foi pulverizar a diario o micelio, varias veces ao dia. Eu téñoo na cociña, así que cada vez que paso por alí, bótolle unhas pulverizacións. Tarda dúas semanas en comezar a agromar, e durante ese tempo realmente parece que non pase nada, e mesmo pensas que fas algo mal, pero non, así que aparece un bultiño, en cuestión de 2-3 días hai unhas setas boas, medran a toda velocidade. DIA 2  DIA 3 DIA 4: como din as instruccións do kit, hai que coller a piña toda