Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2017

Brócoli no microondas

Imagen
Cocer verduras no microondas. Un dos problemas de cocer as verduras na auga é que se perde moita "vitamina". As verduras se están frescas teñen moita auga, e esa auga pódese "utilizar" para que ao metelas no microondas coza a propia verdura. Non todas se adaptan ben a este tipo de cocido pero o brócoli e as cenorias si e queda un plato moi rico e saboroso. Lavar ben o brócoli e poñelo no recipente que utilicemos para o microondas. Non escurras demasiado a auga de lavalo porque axudaralle a crear vapor . Pelas as cenorias e córtalas en anacos non demasiado grosos para que lle leve o mesmo tempo facerse que ao brócoli. Eu bótolle xa unhas graias de sal e unhas gotas de aceite de oliva virxe extra , pero moi pouco, máis polo aroma que por outra cousa. Tamén se lle poden botar outras herbas ou condimentos ao gusto. en cru O tempo de coción é variable e terás que ir probando, xa que depende do fresco que esté o brócoli e as cenorias