Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

Transplantando lechuga

Imaxe
Hoxe amenceu cuberto e fresco e fomos transplantar unha pouca lechuga entre os tomates e os pementos e regar un pouco. as alcachofas :D (ver entrada anterior) Esta semana sachei o millo A cenorias son moi boas, aínda os ratos non deron con elas (ver entrada anterior). Con uns paus e cordeles trencei para que gateñen as xudías allos en primeiro plano co brócoli

Niño do merlo

Imaxe
Un merlo aproveitou uns rastrollos e polas para facer o seu niño. O lugar está moi transitado, polo que debemos dar un rodeo para "non molestar" Merlo, da galipedia Aproveitando que non está na casa fíxenlle unhas fotos ao niño cos catro ovos. O niño fixoo con polas das tuyas, todas trenzadas. Catro ovos no niño. O lugar onde se meteu O peifoque xa marchou, e puidenlle facer unhas fotos ao niño. Fixo o niño no pallal, tamén nun sitio con moito tránsito e accesible. peifoque ( Rubecula familiaris Blyth) Chegaron tamén outros "paxaros", este está a coidar dos amorodos. Non son moitos, pero o marmelo parece que se presenta ben. Os pementos e tomates seguen a medrar e o cebolo é moi bo.

Horta con fotos Maio

Imaxe
Un mes despois xa se ven os froitos das árbores (mazás, peras, cereixas, pexegos de varias clases, claudias,...) as fresas cheas de flores, os kiwis tamén comezan a ter flores, e seguimos plantando as plantas máis delicadas agora que xa non hai risco de frío Calabacín (Abobrinha?). Lástima que lle haxa que atacar aos caracois. Tomates en primeiro plano e dous regos con lombarda e coliflor Sulfatando as patacas, que son moi boas. Vense tamén o cebolo Comparar coa foto da anterior entrada :D Cereixas. Comeremos algunha? Non creo :( a primeira alcachofa a moreira en primeiro plano e tomates, cebolo, chícharos,... ameixeiro vermello, está moi cargado O brócoli logo sirve para comer dous regos de cenorias