Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2006
o carallo do pirroto veu e arramplou con todolos chícharos que lle quedaron á súa altura. Aplastounos todos. Xa lle puxen unha rede vella das fresas que tiñá alí con uns jarabullos para ver se lle bate no peteiro e non volve polos que lle quedaron.

aclaración

o gorrión está na punta do pau
continuará, estou probando a barra de goooooogle para publicar. Parece sinxelo.

Empezamos

Imaxe
Estamos a 22 de xuño. Os tirabeques xa se comeron, entre os paxaros e nos tamos acabando cos chícharos. As patacas tan no punto de comer, as de cedo, por su posto. As outras ate mediados de agosto (si nas leva a seca) sirven. Os figos e os kiwis, que quedaron poucos, tan empezando a saír aínda. Fomos sulfatar o repolo porque tiña vermes. Foi efectivo. Están todos fulminados :D Hei poñer fotos, como ésta dos kiwis cun gorrion

Presentacion

Hola a todo o mundo, desde aquí vou poñer como vai a cosecha na miña horta. É unha gicha duns 4 ferrados, na metade poñemos millo e patacas e uns pes de repolo. Na outra metade temos de todo: frutales, pementos, tomates, chícharos, lechugas, tirabeques, ........... Con regularidade hei poñer aquí cando chegan as cosechas, cando planto algo, se ten vermes o repolo, se tan maduros os pexegos,.... Nada máis, espero vos guste ;)