Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

Do porquiño (parte I): TRIPASSSS!

Imagen
O porquiño merécese unha sección propia, porque se poden facer tantas cousas!! Xa que se sacrifica, polo menos non desperdiciar nada, e nesta entrada, que inaugura a sección, falaremos dunha receita coas TRIPAS, sí amijos, tripas, e as do intestino groso, nada menos. É un prato anti-prexuizos, que require dalgo de valentía para preparalas, e comelas despois. Isto pasa con tantas cousas!!... o pulpo, por exemplo, un bicho viscoso, que non arrecende precisamente cando está a ferver na pota, pero que despois cun simple aceite de oliva e pementón se convirte nun manxar polo adoecen tantos! Pois con isto pasa algo parecido, aínda que se comes callos (o calleiro non é mais que o estómago, e pode ser de vaca, pero o de porco tamén vale), botelo, chourizos, morcillas... pois tamén estás a comer tripas!! Así que non é nada raro, despois de todo. Comentei e preguntei a bastante xente por esta receita, ou algunha posible variante, e ninguén me dixo que a coñecese, así que para que non se perda,…