Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2006

plantados uns pes de repolo

pois sí, o sábado pasado plantei uns 40 pes de repolo. Hai que plantalos antes de NuestraSeñora, porque se non despois non cerra.
Parece increible, a que sí. Pero xa fixen a proba e non cerrou.
Puxen tamen 7 pes de coliflor.
Como había moita seca (xa sabedes que leva 10 días ardendo o monte en Galiza) pois fíxenlle unha pouca lama en cada pe para que prendesen. Despois tapeinos coas ramas secas das patacas e que así permitenlle gardar esa pouca humidade.
Ademáis, neste tempo xa empeza a caer o resío pola noite polo que malo será que non prendan.

O millo está todo seco, non vale nada.

Ate outra.

Os vermes deste ano.

jodidos vermes. Din que veñen do xurro das leiras de herba do lado. Chámanlle "cadelas" e seica se se lle bota cal á leira (na primavera) non veñen. Este ano non se lle botou e hai moitos.
Afectanlle ós tomates, pero tamén ó millo, ás patacas,...

Polo menos as cebolas son moi boas e están sans. As ceboletas tamén.