Entradas

Mostrando entradas de 2016

Courgettis con boloñesa

Imagen
Courgettis(*) con boloñesa.

Receita de BBCGoodFood Ingredientes (para 4):
2 culleradas de aceite de oliva virxe extra500g turkey mince (thigh or breast)  eu utilicei peituga de polounha cebola grande (cortada finiña)pemento morrón (engadido meu)1 dente de allo (esmagado)2 cenorias grandes peladas en en rodaxas150 gr. de champis cortados en anacos grandes1 cullerada de puré de tomate2 latas de 400gr. de tomate triturado (ou tomate fresco ben maduro e en anaquiños).2 chicken stock cubes (nada de avecren!, bótalle caldo de verdade)1 cullerada de salsa de soia (eu non lla botei) Editado: Ver comentarios abaixo.unhas graias de cilantro (colleita propia)4 cabaciños grandes (da miña horta tamén)grated pecorino or Parmesan para servir, ou un queixo do teu gustounhas follas de albahaca (eu púxenlle unhas follas de perexil)

Xoaniña traballando

Imagen
As xudías pilláronme bastante pulgón, pero teño axuda para acabar con el

Menuda fartura vai coller! Esta xoaniña é "voluntaria", pero hai agricultores que as "contratan" para facer o traballo.

http://slideshowes.com/doc/917343/cultivo-de-catarinas-para-el-control-biol%C3%B3gico-de-plagas
http://www.criamariquitas.com/

Un par de fotos de hoxe

Imagen
Xa pronto teremos pementos


e tomates


e este ano só botamos un par de regos de garbanzos, a ver qué tal saen

Estado de la nación

Imagen
As patacas están moi bonitas


contra abaixo temos unha fabas e millo. O millo é so para que amparen e axuden as fabas.

Plantamos outro pouco cebolo (como si houbese xa pouco), pero este é moi bo e non terá duda. Se fose pequeno xa é moi tarde para plantalo.



Flan con leite de coco

Imagen
Flan con leite de coco
A textura é un pouco máis densa, máis compacta, pero non dura. O sabor é igual de suave pero con un aroma un pouco distinto, a coco :D


Tamén pan.  Hai que collerlle o punto ao forno.




24 de abril. Horta

Imagen
Estas son as patacas monalisa que plantamos o día 7 de marzo.





E estas as ceboletas e allos. Tamén se ven os chícharos e o semillero coa lechuga (tapado).






As flores de unha das pereiras.









Plantamos patacas monalisa

Imagen
O sábado facía moito frío e viñan trebóns,

 pero aproveitamos que facía algo mellor pola tarde e fomos poñer unha caixa de patacas monalisa que son máis ben de cedo.
Non quedan tan fondas como se ven na foto, se non a uns 8 ou 10 cm
Misturamos folla de carballo con caghallas da granxa dos pitos
Non hai que botarllo moi preto porque se non queima a pataca


en primeiro plano as caghallas coa folla, e ao fondo Pepe co beso

ben, unhas graias de nitramón tamén leva

Domingo de Entroido

Imagen
Domingo de Entroido
Esta semana, primeira de febreiro, aproveitamos un par de tardes boas e comezamos a plantar nas cousas da horta: ceboletas, allos, un rego de chícharos para cedo e espinacas.

No domingo celebramos o entroido como merece


Chourizos, orella, touciño da barriga, ... para "endulzar" os grelos.

As filloas son as que quedaron de onte



Facémolas nos testos do pote




E de postre... orellas! :D