Courgettis con boloñesa


Courgettis(*) con boloñesa.


Receita de BBCGoodFood
courgetti-bolognese.jpg
foto en BBCGoodFood
Ingredientes (para 4):

  • 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra
  • 500g turkey mince (thigh or breast)  eu utilicei peituga de polo
  • unha cebola grande (cortada finiña)
  • pemento morrón (engadido meu)
  • 1 dente de allo (esmagado)
  • 2 cenorias grandes peladas en en rodaxas
  • 150 gr. de champis cortados en anacos grandes
  • 1 cullerada de puré de tomate
  • 2 latas de 400gr. de tomate triturado (ou tomate fresco ben maduro e en anaquiños).
  • 2 chicken stock cubes (nada de avecren!, bótalle caldo de verdade)
  • 1 cullerada de salsa de soia (eu non lla botei) Editado: Ver comentarios abaixo.
  • unhas graias de cilantro (colleita propia)
  • 4 cabaciños grandes (da miña horta tamén)
  • grated pecorino or Parmesan para servir, ou un queixo do teu gusto
  • unhas follas de albahaca (eu púxenlle unhas follas de perexil)



Cociñando:


1
Quenta unha cullerada de aceite de oliva virxe extra nunha pota plana, engádelle a peituga (en tacos) e dórala. Reservar a un lado unha vez feita.



2
Pica a cebola finiña e vaina facendo ben lentiña durante uns 10 minutos; engade o allo (deixando que se faga durante un minuto) e a continuación as cenorias e os champis e o pemento morrón. Cociñas todo durante uns 4 minutos ate que se fagan un pouco.
Bótalle enriba a peituga que doraches antes, xunto a unha cullerada de salsa de tomate e saltea todo con lume vivo durante un minuto; engade o tomate en anaquiños e faino outro minuto.
Engade uns 250m. de auga (non te pases coa auga!), as culleradas de caldo e fai que levante fervedura. Ao ferver baixalle o lume e deixa que se faga lentamente durante unha hora (ou que reduza a auga e as verduras estén tenras).
o espiralizador e o cabaciño espiralizado

3
Cando a boloñesa está casi lista (agora podes engadirlle a salsa de soia) espiraliza os cabaciños e nunha sartén grande botas unha cullerada de aceite, botaslle uns graos de cilantro  e cociñas a lume vivo ate que ablandan (2-3 minutos).

dorando as graias de cilantro



O cabaciño espiralizado

 Salas os courguettes e bótaslle a salsa coa peituga enriba, o queixo raiado e unhas follas de albahaca.

O resultado final

*  Courguettis: a palabra ven de xuntar Courguette (cabaciño en francés) con espaguettis. Tamén se utiliza Zucchini Noodles (fideos de cabaciño, en inglés)


Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra