Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2013
Imaxe
Cea vexetariana moi fácil e en... 25 ou 30 minutos: verduras ao forno. Neste caso o único da nosa horta son os esparragos, as ceboletas, o apio e o tomiño (polo de agora). O resto: boniato, cenorias, chirivía e un pouco de col china (crúa). Un chisco de sal, un chisco de aceite de oliva, un pouco allo picado e pirixel ao final. Media hora escasa de forno e ala! E ben que nos prestou! :P

Rosquillas indecisas

Imaxe
Rosquillas indecisas Visto en "Fogones tradicionales" (canal cocina, 17/02/13) Ingredientes: 1/4 litro largo de aceite de oliva (mellor virxe extra ) 1/4 litro largo de auga 350 gr. de fariña 1 pico de sal (opcional) 7 ovos Moscatel e sucre (para o baño) Preparación: Poñer a auga, o aceite e a pinga de sal todo xunto nunha pota ao lume ate que fervan. Nese intre engadir a fariña de golpe  toda xunta, quitar do lume e rexemer enérxicamente ate que esté ben misturado. Cando esté tépeda a mistura hai que ir engadindo os ovos un a un integrándoos na masa de xeito manual. Feito o anterior, cunha culler fas boliñas coa masa sobre a placa do forno (untada en aceite) ou papel de forno e co dedo untado e aceite fas o buraco central. Meter no forno, que estará moderadamente alto, ate que estén doradas. Deixamos enfríar e bañámolas no moscatel (nun bol)  só polo lado superior un par de segundos; retiramos e deixamos uns segundos a que absorba ese viño  d

Tarta de queixo e chocolate

Imaxe
Visto en Canal Cocina Cociñeira: Lorraine Pascale Ver a receita na web de Canal Cocina Así me quedou a min. A base é con bizcoito borracho e non con galleta.

Xa agroman os espárragos

Imaxe
Certamente o móbil non da as mellores fotos do mundo... pero merecía a pena ver que xa o 3 de febreiro probamos espárragos de tempada!! E estes que quedan medrando :P ... e este é o ceboliño que tamén está nacendo