Rosquillas indecisas

Rosquillas indecisas

Visto en "Fogones tradicionales" (canal cocina, 17/02/13)


Ingredientes:

  • 1/4 litro largo de aceite de oliva (mellor virxe extra)
  • 1/4 litro largo de auga
  • 350 gr. de fariña
  • 1 pico de sal (opcional)
  • 7 ovos
  • Moscatel e sucre (para o baño)

Preparación:

Poñer a auga, o aceite e a pinga de sal todo xunto nunha pota ao lume ate que fervan. Nese intre engadir a fariña de golpe  toda xunta, quitar do lume e rexemer enérxicamente ate que esté ben misturado.
Cando esté tépeda a mistura hai que ir engadindo os ovos un a un integrándoos na masa de xeito manual.
Feito o anterior, cunha culler fas boliñas coa masa sobre a placa do forno (untada en aceite) ou papel de forno e co dedo untado e aceite fas o buraco central.
Meter no forno, que estará moderadamente alto, ate que estén doradas.
Deixamos enfríar e bañámolas no moscatel (nun bol)  só polo lado superior un par de segundos; retiramos e deixamos uns segundos a que absorba ese viño



 de seguido poñémola rosquilla nun plato con sucre (para que se lle pegue).


A comer!!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns