Entradas

Secando figos

Imagen
Agora que chegou a chuvia e algo de frío, quitamos os poucos figos que aínda quedaban na figueira para intentar secalos e conservalos unhas semanas máis.

Secado
Córteinos pola metade e metinos no forno da cociña de ferro. Como en esta época do ano está acendida moitas horas aproveitase así tamén o calor para secar "cousas". O millo, figos, ...


Pódelos secar nun forno eléctrico, poñendo unha temperatura suave (uns 80-100ºC) e deixalos durante horas ata que están secos.

Enfariñado
Pasados tres ou catro días (depende do lume que fagamos), cando xa se ven con un aspecto similar ao que teñen os que che venden nas tendas (encollen e enrrugan), metinos nunha bolsa e a través dun coador (para que non faga grumos) boteille un par de culleradas de fariña. Espolvorexeille ben e despois axitei-sansaniquei a bolsa para que a fariña se pegase ben ao figo.


Están moi ricos. Hai quen dí que mellor que frescos.


Non durarán semanas :P

A colleita

Imagen
a 11 de Agosto de 2018

A nosa hortaEn esta época do ano recollemos o froito do TRABALLO de tantos meses.

Comento, por orde, as fotografías


Colleita de cebolas extendidas e ao sol para que acaben de secar e poder enrestralas limpas. Como se plantan en varias semanas tamén se van colleitando durante varias semanas.
Enrestrando as cebolas
Restras de cebolas. De este xeito pódense colgar nun lugar fresco e ventilado para a súa conservación
Detalle dos tomates (co sulfato de cobre)
Cribo con #fabas. Puxemos a secar as plantas coas coitelas das fabas e estas xa están limpas e secas para gardar. Consérvanse todo o ano, pero a #fabada con fabas novas está moi rica!!! Tamén lles chamamos #herbellas.
"Collóns de fraile", expresivo nome :D para este outro tipo de #cirola, semellante a #claudia (que xa recollemos as que nos deixaron as #nespras)
Planta do #cabaciño (#calabacín) #courguette. Non se ven ben, pero colleitámolos con uns 25/30cm de longo pois producen moito e é mellor comelos tenro…

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra

Imagen
Inspirada por
Crujiente masa philo de espinacas y queso de cabra de Isabel (Frabisa)
Na miña receita substituín as espinacas por grelos.
Para cantidades e procedemento está moi ben explicado na receita de Frabisa, así que aquí só porei as fotografías así como as modificacións e particularidades que da miña elaboración.


Aquí está na tixola o salteado de grelos, ceboliña, uvas pasas, etc.

Untando as láminas de masa filo con ovo


cada lámina forrando o seu cunco, repartimos o salteado


Córtanse as rodaxiñas de queixo de cabra (un par)


e xa está listo


para ir ao forno, uns 10' (ate que se funda o queixo). Hai que ter coidado de que non se queime a masa filo, polo que se pode tapar con papel de aluminio para protexela pero que siga fundindo o queixo.


E aquí o resultado final


Un primeiro plato ben sabroso e doado de facer.

Horta 13 de Abril

Imagen
Este é o momento de grande actividade na horta. Nas últimas semanas estivemos plantando moitas verduras, preparando as árbores, coidando o terreo para botar o millo e as fabas, reparando o cerrado para que non veña o jabalí ou os cans estropear o traballo,...









Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.

Imagen
Tarta de mascarpone, chocolate e fresas.
Ver a receita de Frabisa aqui, foi de donde intentei seguir os pasos para a miña tarta.




Esta tarta é un pouco laboriosa (cal non!?) sobre todo si fas ti mesma o queixo mascarpone.

Intentei seguir a receita do xeito máis exacto posible e só cambiei a decoración.


Quedoume moi bonita!


A falta de frambuesas... boas son fresas e unha poliña de menta.

E sabrosa!

O queixo mascarpone quedou cremoso e suave. O borde co marmelo de laranxa e améndoa picada ten un sabor lixeiramente acedo que contrasta moi ben co chocolate e o queixo.


Esta receita hai que gardala! :D




Copio e pego da web de Frabisa
Ingredientes (molde de 24 cm.)Para la masa de galletas–  300 gr. de galletas (tipo, María o Digestive)– 80 gr. de mantequilla– 50 gr. de chocolate (*)Para el relleno– 500 gr. de mascarpone– 100 gr. de nata– 4 huevos– Ralladura de un limón– 1 yogur sin azúcar– 100 gr. de leche– 150 gr. de azúcar– 70 gr. de maizena (o harina)Para el acabado– Mermelada de lima (o nara…

Brócoli no microondas

Imagen
Cocer verduras no microondas.
Un dos problemas de cocer as verduras na auga é que se perde moita "vitamina". As verduras se están frescas teñen moita auga, e esa auga pódese "utilizar" para que ao metelas no microondas coza a propia verdura.
Non todas se adaptan ben a este tipo de cocido pero o brócoli e as cenorias si e queda un plato moi rico e saboroso.
Lavar ben o brócoli e poñelo no recipente que utilicemos para o microondas. Non escurras demasiado a auga de lavalo porque axudaralle a crear vapor. Pelas as cenorias e córtalas en anacos non demasiado grosos para que lle leve o mesmo tempo facerse que ao brócoli.
Eu bótolle xa unhas graias de sal e unhas gotas de aceite de oliva virxe extra, pero moi pouco, máis polo aroma que por outra cousa. Tamén se lle poden botar outras herbas ou condimentos ao gusto.



O tempo de coción é variable e terás que ir probando, xa que depende do fresco que esté o brócoli e as cenorias, da auga que lle queda, do grosor das pezas qu…

Galletas de nata

Imagen
Unhas galletas para tomar co café.

Ingredientes:Unha taza de nataUnha taza de azucreMedia taza de aceite de xirasol Un chisco de sal Un chisco de Royal (levadura)Fariña: a que admita 
Preparación:Nun bol poñemos a nata, o azucre e o aceite e misturamos ben.Ímoslle engadindo o Royal o sal e a fariña aos poucos ate obter unha consistencia que se poida estirar co rolo e quede cun grosor dun medio centímetro.Poñemos o forno a quencer a 180°CCon un corta pastas, ou vaso, imos cortando a masa. Espolvorexarlle unhas graias de azucre a cada galleta.Poñemos na bandexa o papel do forno e imos poñendo as galletas e deixámolas facer ante que estén doradas (uns 25 minutos)Si o forno ten aire activamosllo.


Hai que deixalas enfriar :p