Cea vexetariana moi fácil e en... 25 ou 30 minutos: verduras ao forno.
Neste caso o único da nosa horta son os esparragos, as ceboletas, o apio e o tomiño (polo de agora). O resto: boniato, cenorias, chirivía e un pouco de col china (crúa).
Un chisco de sal, un chisco de aceite de oliva, un pouco allo picado e pirixel ao final.
Media hora escasa de forno e ala!
E ben que nos prestou! :P

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A colleita

Courgettis con boloñesa

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra