Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra

Imaxe
Inspirada por Crujiente masa philo de espinacas y queso de cabra de Isabel (Frabisa) Na miña receita substituín as espinacas por grelos . Para cantidades e procedemento está moi ben explicado na receita de Frabisa , así que aquí só porei as fotografías así como as modificacións e particularidades que da miña elaboración. Aquí está na tixola o salteado de grelos, ceboliña, uvas pasas, etc. Untando as láminas de masa filo con ovo cada lámina forrando o seu cunco, repartimos o salteado Córtanse as rodaxiñas de queixo de cabra (un par) e xa está listo para ir ao forno, uns 10' (ate que se funda o queixo). Hai que ter coidado de que non se queime a masa filo, polo que se pode tapar con papel de aluminio para protexela pero que siga fundindo o queixo. E aquí o resultado final Un primeiro plato ben sabroso e doado de facer.