Entradas

Mostrando entradas de enero, 2013

Rosca e Panetone

Imagen
Coa mesma masa desta rosca


fixen este panetone con pasas, froitas confitadas,...

canto estaba morno estaba como para empachar.
Editado: xa que gardei a receita para outros mesteres, aproveito e póñoa aquí, que despois das fotos, era o que faltaba. Ingredientes 200 g de manteiga de vaca cocida 5 ovos medianos 6 culleradas soperas de azucre ralladura de limón 25 g de levadura prensada (de panadería, ou 1 sobre de levadura seca) Sal Fariña de forza (se usas outra fariña non sei como sairá): leva cerca de 1 kg, pero varía. Un pouco leite (medio vaso aprox.)
Preparación Ca metade da levadura, un pouco leite templado, un pisco de sal e un par de culleradas de fariña, faise un fermento (moi líquido): déixase activar ben a levadura, que espume (media hora ou así). Recoméndase uso de batidora-amasadora de varillas (a do Lidl, moi sencilla,  pode con esta cantidade). No bol da batidora botar os ovos e batelos un pouco (como para tortilla). Engadir o azucre, ralladura de limón e o fermento, e ir…