Rosca e Panetone

Coa mesma masa desta rosca


fixen este panetone
con pasas, froitas confitadas,...


canto estaba morno estaba como para empachar.

Editado: xa que gardei a receita para outros mesteres, aproveito e póñoa aquí, que despois das fotos, era o que faltaba.
Ingredientes
200 g de manteiga de vaca cocida
5 ovos medianos
6 culleradas soperas de azucre
ralladura de limón
25 g de levadura prensada (de panadería, ou 1 sobre de levadura seca)
Sal
Fariña de forza (se usas outra fariña non sei como sairá): leva cerca de 1 kg, pero varía.
Un pouco leite (medio vaso aprox.)

Preparación
Ca metade da levadura, un pouco leite templado, un pisco de sal e un par de culleradas de fariña, faise un fermento (moi líquido): déixase activar ben a levadura, que espume (media hora ou así).
Recoméndase uso de batidora-amasadora de varillas (a do Lidl, moi sencilla,  pode con esta cantidade). No bol da batidora botar os ovos e batelos un pouco (como para tortilla). Engadir o azucre, ralladura de limón e o fermento, e ir mesturando ben. Desfaise o resto da levadura noutro pouco leite e tamén se lle bota, xunto co resto do sal (calcula o que vexas que fai falta). Coa amasadora funcionando vai botando fariña (sempre tamizada) e que vaia amasando. Cando xa está ben homoxénea e case no punto de dura (como para pan), bótaselle a manteiga en pomada blanda e amasa ata que se incorpore completamente. A masa queda lisa, homoxenea, brillante. Canto máis amases, mellor queda, ten que desprender das paredes do bol. Se amasas a man, non se che pode pegar ás mans e fai unha bola elástica que despega da mesa.
Deixar levedar ata que duplique o volumen, nun sitio morno, tapada cun pano. Cando levedou móntase a rosca (trenzada, por exemplo) e ponse na bandexa de forno a levedar de novo. Ten que estar cerca dunha hora levedando antes de metela ao forno. Pintar con ovo e cocer en forno medio (160ºC como moito) ata que dore (lévalle cerca dunha hora).
OPCIÓNS: a parte de pintar con ovo, podes decorar poñéndolle froitas confitadas por enriba antes de meter no forno. Tamén podes mollar un pouco azucar con anís, e botar ese azucar anisado por enriba, tamén antes de meter ao forno.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns