Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

Galletas de nata

Imaxe
Unhas galletas para tomar co café. Ingredientes: Unha taza de nata Unha taza de azucre Media taza de aceite de xirasol  Un chisco de sal  Un chisco de Royal (levadura) Fariña: a que admita  Preparación: Nun bol poñemos a nata, o azucre e o aceite e misturamos ben. Ímoslle engadindo o Royal o sal e a fariña aos poucos ate obter unha consistencia que se poida estirar co rolo e quede cun grosor dun medio centímetro. Poñemos o forno a quencer a 180°C Con un corta pastas, ou vaso, imos cortando a masa. Espolvorexarlle unhas graias de azucre a cada galleta. Poñemos na bandexa o papel do forno e imos poñendo as galletas e deixámolas facer ante que estén doradas (uns 25 minutos) Si o forno ten aire activamosllo. Hai que deixalas enfriar :p