Entradas

Mostrando entradas de julio, 2015

Tarta de pexegos e crema pasteleira

Imagen
Tarta pexegos e crema É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba.

Ingredientes Masa quebrada
200gr fariña100gr manteiga25gr fariña de améndoa1 ovo1 chisco de sal
Preparación (masa quebrada):

Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora.

Crema pasteleira

600ml leite4 ovos1 cullerada (de comer) de sucre40gr de fariña30gr de maicena
Froita
pexego en lonchasframboesasmarmelo (de albaricoque)
Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e extendemos a crema sobre a base nunha capa dun grosor dun de…

Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños

Imagen
Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños
Tras ver a receita de este postre en Las Recetas fáciles de María. 

Fíxen o experimento :D



É un postre "contundente", así que non hai que pasarse coas cantidades, pero está riquíssssimo e fresquiño do refrixerador é moi apetitoso. Combina moi ben a crema de limón co doce da de queixo.