plantados uns pes de repolo

pois sí, o sábado pasado plantei uns 40 pes de repolo. Hai que plantalos antes de NuestraSeñora, porque se non despois non cerra.
Parece increible, a que sí. Pero xa fixen a proba e non cerrou.
Puxen tamen 7 pes de coliflor.
Como había moita seca (xa sabedes que leva 10 días ardendo o monte en Galiza) pois fíxenlle unha pouca lama en cada pe para que prendesen. Despois tapeinos coas ramas secas das patacas e que así permitenlle gardar esa pouca humidade.
Ademáis, neste tempo xa empeza a caer o resío pola noite polo que malo será que non prendan.

O millo está todo seco, non vale nada.

Ate outra.
Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A colleita

Courgettis con boloñesa

Torta de abelás - Larpeiros TVG