Brócoli no microondas


Cocer verduras no microondas.


Un dos problemas de cocer as verduras na auga é que se perde moita "vitamina". As verduras se están frescas teñen moita auga, e esa auga pódese "utilizar" para que ao metelas no microondas coza a propia verdura.

Non todas se adaptan ben a este tipo de cocido pero o brócoli e as cenorias si e queda un plato moi rico e saboroso.

Lavar ben o brócoli e poñelo no recipente que utilicemos para o microondas. Non escurras demasiado a auga de lavalo porque axudaralle a crear vapor. Pelas as cenorias e córtalas en anacos non demasiado grosos para que lle leve o mesmo tempo facerse que ao brócoli.

Eu bótolle xa unhas graias de sal e unhas gotas de aceite de oliva virxe extra, pero moi pouco, máis polo aroma que por outra cousa. Tamén se lle poden botar outras herbas ou condimentos ao gusto.



en cru

O tempo de coción é variable e terás que ir probando, xa que depende do fresco que esté o brócoli e as cenorias, da auga que lle queda, do grosor das pezas que cortaches, da potencia do teu microondas,...

Como referencia eu póñolle minuto e medio a un 50% da potencia e catro minutos ao 100%, segundo o gusto personal deberás poñerlle máis ou menos tempo.
Debe quedar cocido, pero non "blandengue", a graza de esto é que trisque e pareza medio cru sen estalo.


cocida, pero quedoume a foto borrosa :(

De este xeito, ademáis da "vitamina", a verdura conserva un sabor moito máis intenso (incluso  a comprada no super) que a min me resulta agradable.  Con un fío de aceite de oliva virxe extra, un par de ovos cocidos e unha lata de atún en aceite de oliva, preparas un bo plato en menos do que te das conta.

a comer!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns