Fungallas - Receita tradicional

Fungallas

Esta receita é un exemplo de pragmatismo e optimización dos (escasos) recursos cos que de cotío se atopaban en moitas casas galegas.

Tiñas broa, probablemente dura de varios días, e con sorte unha tira de touciño. E nada máis!

O resultado era unha comida potente, de alto valor enerxético e saciante.


1. Cortamos o touciño ou panceta en anaquiños pequenos e ímolos facendo nunha tixola a lume vivo para que solten a graxa que precisaremos despóis.



2. Collemos un anaco de broa e quitámoslle a berza da base, se a ten, ou o papel



3. Esperamos a que o touciño colla cor e solte a graxa


4. Esfariñamos a broa enrriba do touciño, sen baixar o lume.


5. Remexemos enérxicamente para ir mesturando e que non se pegue a tixola


6. Se vemos que a mistura é moi seca engadímoslle un pouco de aceita de oliva virxe extra


7. Non debe quedar enchoupado, pero tampouco seco.


8. A comer! 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns