Puré de mazá e soro (Apple butter)

Ou cómo atoparlle xeito tamén ás mazáns...

Na entrada anterior falaba de que para darlle xeito a unha cabaza, non querendo máis litros de puré ou de caldo, e logo de conxelar unha pouca, fixemos un pan (e está en proxecto unha tarta de queixo...). Pois agora tócalle ás mazás, que neste tempo tamén chegan todas xuntas, e xa fixemos marmelo, e compota, e asadas, e crúas e en empanada... Pero hai que ver de preservalas algo de tempo e ver de comelas máis tempo.
Así que aproveitando que se encende a cociña de ferro todo o día, cortamos en anacos finos, delgados (sen pelar) as mazas, e poñémolas nas bandexas do forno, coa porta entreaberta, para secalas. Así deshidratadas gárdanse tempo, e pódense ir consumindo aos poucos, en biscoitos, galletas, muesli, ou outras preparacións.



Lendo Nourishing Traditions (Sally Fallon), vin de facer o que aí describen como "apple butter", unha especie de compota, pero sen azúcar, e que podía aproveitar de novo un pouco do soro de leite que gardo dos iogures.

Cociñanse un pouco as mazáns cun pouco de auga, a lume suave, ata que se poñan brandas (uns 10 minutos ou 15).


Despois engádese un pouco de soro (como media taza) e unha cullerada de mel. E tríturase todo. O resultado é unha crema parecida á compota, pero menos empalagosa, é que xa comprobei que se leva ben cunha rebanda de pan de cabaza para almorzar!! :P


Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A colleita

Courgettis con boloñesa

Torta de abelás - Larpeiros TVG