Pan de cabaza, con noces e castañas (Pumpkin bread)
PAN DE CABAZA
Inspirado na receita de Dan Lepard, vista en http://www.theguardian.com/lifeandstyle/2013/aug/23/pumpkin-whey-bread-recipe-dan-lepard?INTCMP=ILCNETTXT3487, e tendo en conta que había que buscarlle xeito a unha cabaza de 20 kg, tocoulle a unha proba-experimento de engadir puré de cabaza a unha masa de pan.
Os ingredientes son fariña de trigo de forza, soro de leite, puré de cabaza e sal, e un pouco aceite de oliva. Para aproveitar o que abunda de tempada estes días, tamén lle botei ao final unhas noces do país e unhas castañas asadas, picadas, polo medio.
A fariña de trigo é convencional, de forza, e usei aproximadamente 1kg.
O soro de leite é o que recollo ao escurrir durante 24 horas os iogures caseiros (o iogur queda máis cremoso, case coma un grego ou queixo-crema, e o soro ten despois múltiples aplicacións, sendo un concentrado de minerais e probióticos).
O puré de cabaza, do que usei uns 300 g, é simplemente cabaza cocida, feita puré e escurrida, para que non aporte demasiado líquido.
Puxen a fariña a remollo co soro durante unhas horas. Se o podes poñer toda a noite, mellor, eu tívena unhas 4 horas. A relación fariña:soro é a suficiente como para que a masa resulte bastante blanda, case con consistencia de batido en vez de masa de pan. Non é manexable para gramar na mesa.
Atepedar o puré de cabaza se o tiñas na nevera, e mesturar cun pouco máis de soro, tamén tépedo. Nesa mezcla diluir un sobre de levadura de panadeiro. Incorporar todo isto á masa de fariña, mezclar ben e engadir as castañas e as noces, ou pepitas de cabaza ou outras sementes que che gusten.
Deixar levedar unha hora polo menos.
Un pouco aceite de oliva, que che axuda a que non se che pegue a masa ás mans, pos o preparado nun molde, e levas a forno alto (200ºC) cerca dunha hora.
O resultado:

Comentarios