Barriñas enerxéticas caseiras

RECEITA PARA BARRIÑAS ENERXETICAS


Ingredientes:


  • Un vaso grande de copos de avea
  • Unha cullerada e media de salvado de trigo
  • Un par de culleradas de fariña de amendoas
  • 6/8 avelás naturais
  • 6/8 noces naturais
  • 6 orellóns de albaricoque
  • 12 uvas pasas de Malaga
  • 3 culleradas sopeiras de mel
  • 1 cullerada sopeira de azucre integral de cana
  • 50 gramos de manteiga
  • 1 culleradiña de canela

Preparacion:

Cascar e picar as noces e mais as avelás, os orellóns e as uvas pasas. Mesturar todos os ingredientes secos, menos o azucre e a manteiga, e que queden ben mesturados. Nun cazo poñer ao lume o mel co azucre e mais a manteiga ata que estea o azucre ben derretido. Botar isto sobre a mistura seca e homoxeneizar ata conseguir unha pasta. Estender nun molde cuberto con papel de forno.
 Opcional: cobertura de chocolate: poñer nun cazo 50/70 gramos de chocolate negro cun par de culleradiñas de leite. Fundilo ata que estea completamente derretido e verter sobre a masa con xeito.
Meter na neveira ata o día seguinte e cortar as porcións ao gusto.
Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A colleita

Courgettis con boloñesa

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra