Torta de abelás - Larpeiros TVG

Torta de abelás (Larpeiros TVG 20/11/2018)

En vídeo

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/guiso-de-xoubas-e-torta-de-abelas-con-pexegos

Aspecto da "miña" torta. Con cuberta de mazá.

Ingredientes e Preparación

para masa quebrada, base da torta.
  • 200 gr. fariña
  • pisco de sal
  • 50 gr. de azucre
  • 80 gr. de manteiga
  • 1 ovo
  • vaina de vainilla moi picadiña
Peneiramos a fariña nun bol e engádimos a pisca de sal e os 50gr. de azucre. Batemos un ovo e engadímoslle a vainilla miudiña. Finalmente misturamos todo no bol xunto coa manteiga e amasamos cos dedos. Unha vez rematamos é recomendable metela unha media hora no frigorífico a repousar.

para crema de abelás
  • 125 gr de azucre
  • 50gr fariña
  • 2 ovos
  • 200 ml leite
  • 125gr abelás
  • raiadura de limón
  • pisquiño de canela para dar aroma ao leite

Ponse o leite a lume suave nun cazo cunha pola de canela (só para aroma). Trituramos ben as abelás (tostadas), raiamos o limón. Batemos os dous ovos xunto co azucre.
Botamos as abelás no cazo co leite, retiramos do lume e misturamos ben deixando que enfríe un pouco.
Peneiramos a fariña enriba do azucre e os ovos e misturamos ben. Engadímoslle o leite coas abelás a mezcla. Cando se bota a crema enriba non debe estar quente porque poden callar os ovos.

Pelamos os pexegos (3) e cortamolos en medialúas finas. Tamén se poden utilizar pexegos de lata ou outras froitas como mazán ou pera.
Poñemos o forno a 180º para que esté listo.
Nun molde estiramos a masa (non é preciso untalo) e cubrimos ben o fondo e o lateral. Botámoslle a crema de abelás e cubrimos coas medialúas de pexego.
Unha vez cuberto metemos ao forno aproximadamente 40 minutos.
As moras (ou arandos) son de adorno unha vez está lista e fría.

Base, crema abelás e cuberta de mazá

Que aproveite!!

Larpeiros TVG sentados a mesa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns