Cogomelos con brócoli

receita dunha gornición a base de cogomelos que acompaña ao brócoli (que boa falta lle fai 😅)

Ingredientes

  • cogomelos variados, ou dos que teñas a man/de oferta (un plato bo deles picados)
  • tona do leite (brick de 200ml)
  • queixo (tetilla, sansimón, semicurado, o galmesano ese...)
  • cebola
  • aceite de oliva
  • brócoli

Preparación

Están a venda surtidos de cogomelos variados, pero podes mercar un só tipo que a ti máis che guste (champiñons, pleuroto, shiitake, ....)

surtido de cogomelos

cogomelos, ao teu gusto

surtido de cogomelos, este tipo de bandexas son moi xeitosas para comer varios distintos sen deixar unha fortuna en cogomelos "raros", que en xeral tampouco son moi bós de atopar, en fresco.

Póchalas, xunto cunha pouquiña cebola en xuliana fina, picadas ou non según o teu parecer, nun pouco de aceite de oliva, a lume moderado. Dalle voltas, que non se queimen. Prefiro non darlle allo, porque o sabor é bastante intenso xa co queixo e máis o propio efecto da tona (a graxa dilúe os aromas dos cogomelos e aprécialos máis intensamente), pero se usas champiñón simplesmente, ou unha variedade pouco aromática, pódesllo botar.

pochamos cebola e allo e pemento morrón, cos cogomelos

salteado

Cando xa van estando, brandiñas, tenras (como que xa estarían listas para comer, ou case case) engadimos a tona (simmm!!).

a tona e o queixo para engadir

tona e queixo

Que levante fervedura (seguimos co lume medio, e agora xa o baixamos un pouco máis, na miña inducción, ao 3-4) e botamos o queixo en anaquiños ou relado, para que se vaia derretendo.

engadindo aos poucos

imos engadindo e remexendo

Se o queixo é forte de salgado, ten coidado co sal. Aquí vai un San Simón da Costa, punto afumado fetén.

finalmente o queixo

finalmente, o queixo

Remexer a lume baixo ata que funde o queixo e acabe de coller consistencia de crema... a consistencia dunha bechamel lixeira, case velouté máis ben. Se o deixas moito, ou te pasas co queixo, espesa de máis, fai grumos e xa non me parece tan apetitosa.

e remexemos amodiño

Non hai que deixar que espese demasiado e faga grumos

Brócoli

Mentras se foi preparando isto, cocemos o brócoli ao gusto, simplemente en auga. Escurrímolo.

Cando a consistencia do preparado está fluída pero consistente, servimos o brócoli e engadímoslle o preparado.

Neste caso utilizamos brócoli, pero serve como acompañamento para outros alimentos como uns filetes á prancha, de peixe branco ou porco, uns ovos fritidos, ... you name it.

Resultado

presentación

A comer!


orixinal de @drupas CC BY-SA

Comentarios

Entradas populares de este blog

PAN CASEIRO DE "MASA MADRE"

Semifrío de Amorodo

Torta de abelás - Larpeiros TVG