Algunha foto de Xaneiro

En esta época do ano comézase a traballar a terra, a preparala para ir plantando as verduras e hortalizas dentro de unhas semanas.

Aquí van un par de fotos

Os bancales cubertos con folla de carballo seca
Están cubertos con folla para protexelos da xeada e que vai abonando a terra.

O millo no "hórreo"
No pallal da leña puxemos unhas cordas para colgar o millo

Un par de enxertos, transplantados para dentro dun ano levalos a outro sitio mellor
Se prenden ben os enxertos despóis haberá que buscarlle sitio a estas dúas pereiras.

Amorodos, tamén coa folla de carballo
Levamos un par de anos tapando as fresas con folla de carballo (tras limpalas ben e quitarlle as follas mortas e a maraña de "fillos" que lle saen) e séntalle moi ben. Quedalle o pe protexido do frío e despóis abona o terreo cara a primavera.

Limóns xa maduros
Hai uns meses estaba un pouco "triste", pero colleu forza e ten uns limón bonitos

Uns par de regos de repolo


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns