Galletas con cervexa

Galletas con cervexa


Ei lambociños!

Aquí van as galletas que fixo Merchi no programa Larpeiros da TVG (un pouquiño adaptadas dadas as circunstancias).
INGREDIENTES:
300 g de fariña
200 g de manteiga (fría do refrixerador)
50 de azucre (máis un pouco para decorar)
1 xema de ovo
1/2 vaso de cervexa, aproximadamente (fría do refrixerador)
1 pisco de sal
algún fruto seco natural para decorar (avelá, améndoa...)

PREPARACIÓN.
 Sobre a fariña, nun volcán ou dentro dun bol, botamos todos os ingredientes xuntos, e amasamos sen pasarnos, ata homoxeneizar, nada máis. Non hai que manipular demasiado a masa, nin darlle demasiada calor coas mans. Deixamos repousar a masa no refrixerador polo menos media hora.

a masa antes de estirala

Estirar a masa ata un grosor de medio centímetro, máis ou menos. Intenta que quede o máis regularmente estirado posible.

con unha améndoa ou similar
Cortar cun cortapastas, en formas variadas, figuriñas, ou máis simples, coma min, en cadrados.
Poñelas na bandexa do forno, con papel sulfurizado, e decorar pintando con auga, primeiro, poñendo o froito seco despois, e por último espolvorexando un chisco máis de azúcre (opcional).

Eu aproveitei a clara sobra do ovo para pintar algunhas e tamén queda ben, aínda que non sexa "o propio".




un pouco de sucre espolvorexado
Cocemos no forno, a 180ºC ata que doren. Cada un que calcule tempos e temperaturas coñecendo o seu forno, que xa sabemos que cada un vai como vai...

ao forno ben quente
RESULTADO:
recién sacadas do forno


as "douradas" son as que están pintadas de ovo


me las papo!
Con formas diferentes


Pulsa aquí para ver o vídeo do programa Larpeiros na web da CRTVG

Os gustos dos galegos en canto a comida e bebida será hoxe o tema de conversa no programa “Larpeiros”. Unha cousa que lles encanta é que os galegos somos xente con gustos moi definidos, pero tamén moi variados. Por exemplo, está claro que somos un país de viño e, ademais, somos excelentes produtores de sidras e de cervexas. E é que á hora de beber temos onde escoller. E tamén á hora de comer, porque o viño, a sidra e a cervexa son  ingredientes estupendos para facer pratos doces e salgados.
Don Benigno, que as sabe todas, propón facer un xantar xuntando dous produtos galegos de primeira como son a tenreira galega e a cervexa. O cociñeiro de “Larpeiros” preparará esta semana un guiso tradicional de tenreira cunha salsa moi rica e diferente que van facer con cervexa galega.
Para isto, Adrián, o “larpeiro” investigador, irá nesta ocasión a Ourense, onde, da man de Martín e Esteban, descubrirá como se elabora unha das mellores cervexas artesanais de toda a Península Ibérica: a cervexa Áncora. E, como de cervexa vai a cousa, de volta na casa, a festa será completa coas galletas con cervexa coas que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Tarta de chocolate branco, mango e kiwi - Frabisa

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Novo invernadoiro e enxerto de fatóns