Publicacións

Ese forno ...

Imaxe
Pan artesán O forno desta cociña non se pode dicir que estexa desaproveitado e ademáis dalle a todo: empanadas, roscas, galletas, asados, peixes, bizcoitos, flan,... Hoxe estivo toda a mañá cocendo. Clica nas imaxes para velas con detalle. Primeiro pan con fariña de forza, unha pouca de centeo e a integral. e rosquillas teñen un fío de mel por arriba e un chisco de sucre (clica na foto). Igoal xa as puxera, pero este molete e a tarta de queixo tamén tamén da gusto velos (e comelos)..

Puré de mazá e soro (Apple butter)

Imaxe
Ou cómo atoparlle xeito tamén ás mazáns... Na entrada anterior falaba de que para darlle xeito a unha cabaza, non querendo máis litros de puré ou de caldo, e logo de conxelar unha pouca, fixemos un pan (e está en proxecto unha tarta de queixo...). Pois agora tócalle ás mazás, que neste tempo tamén chegan todas xuntas, e xa fixemos marmelo, e compota, e asadas, e crúas e en empanada... Pero hai que ver de preservalas algo de tempo e ver de comelas máis tempo. Así que aproveitando que se encende a cociña de ferro todo o día, cortamos en anacos finos, delgados (sen pelar) as mazas, e poñémolas nas bandexas do forno, coa porta entreaberta, para secalas. Así deshidratadas gárdanse tempo, e pódense ir consumindo aos poucos, en biscoitos, galletas, muesli, ou outras preparacións. Lendo Nourishing Traditions (Sally Fallon), vin de facer o que aí describen como "apple butter", unha especie de compota, pero sen azúcar, e que podía aproveitar de novo un pouco do soro de leite q...

Pan de cabaza, con noces e castañas (Pumpkin bread)

Imaxe
PAN DE CABAZA Inspirado na receita de Dan Lepard,  vista en http://www.theguardian.com/lifeandstyle/2013/aug/23/pumpkin-whey-bread-recipe-dan-lepard?INTCMP=ILCNETTXT3487, e tendo en conta que había que buscarlle xeito a unha cabaza de 20 kg, tocoulle a unha proba-experimento de engadir puré de cabaza a unha masa de pan. Os ingredientes son fariña de trigo de forza, soro de leite, puré de cabaza e sal, e un pouco aceite de oliva. Para aproveitar o que abunda de tempada estes días, tamén lle botei ao final unhas noces do país e unhas castañas asadas, picadas, polo medio. A fariña de trigo é convencional, de forza, e usei aproximadamente 1kg. O soro de leite é o que recollo ao escurrir durante 24 horas os iogures caseiros (o iogur queda máis cremoso, case coma un grego ou queixo-crema, e o soro ten despois múltiples aplicacións, sendo un concentrado de minerais e probióticos). O puré de cabaza, do que usei uns 300 g, é simplemente cabaza cocida, feita puré e escurrida, para q...

Copa marmelo e mascarpone

Imaxe
Copa de mascarpone e marmelos de tempada (amoras e morotes) A estas alturas de setembro xa está rematando a que foi unha tempada ben boa de moras silvestres. Pola zona non escasean as silveiras (:P), así que en cuestión dun par de días puidemos facer uns cuantos botes de marmelo de moras: moras silvestres limpas, azucre, zume de limón e paciencia para macerar, cocer e pasar polo "chino" para quitar as sementes... e digo paciencia para non comer as moras todas antes!! Tamén quedan ainda morotes e algúns amorodos, así que aproveitamos para facer algo de marmelo con eles tamén (co mesmo procedemento). Unha vez disponible o marmelo, imos ao tema, esta copa, que é moi moi sinxela de preparar. Dificultade: baixa Calorías: metralla pura Sabroso: moito   Ingredientes: marmelo de amora marmelo de amorodos unha tarrina de mascarpone (ou requeixo ou similar, no seu defecto, aínda que a textura cremosa do mascarpone non che é comparable!) un bote pequeno (200ml) de ...

Video receita. Pasta con salmón, cogomelos e tomates cherry

Imaxe
  O salmón envasado, igoal que os cogumelos e pasta, pero os "cherris" saíron de aquí este ano déronse moi ben, semellaban piñocos de uvas.

Iogures caseiros con iogurteira

Imaxe
Cómo facer iogures na casa coa iogurteira? Unha iogurteira é un aparato eléctrico que mantén nunha marxe moi estreita e constante a temperatura para que as bacterias poidan "fabricar" o iogur . Este entorno favorable pódese crear tamén nun forno ou deixando os iogures xunto a unha fonte de calor suave. Non ten moita ciencia* facer iogures. Para os meus 6 botes: - 750ml. leite de vaca. Pero de vaca eh! * - 1 iogur "bio" natural do supermercado. Ingredientes Nun bol botámos o leite, a temperatura ambiente, e engadímoslle o iogur. Remexemos ate que o iogur se integre co leite. Repartimos a mezcla nos botes de cristal, deixámolos sen a tapadeira posta , e colocámolos na iogurteira. Tapamos e conectamos o aparato. Iogurteira ... doce horas despois desconectas a iogurteira (ou se ten reloxio pois prográmala con este tempo). Probablemente haxa un pouco de condensación no borde dos botes así como na tapadeira da iogurteira. Agora tapas cada bote ...

PAN CASEIRO DE "MASA MADRE"

Imaxe
Pan de trigo sen levadura de panadeiro Ultimamente estou facendo probas e experimentos na casa cos fermentados. Nesta ocasión, e como estreno do que igual acaba sendo unha serie de publicacións, vouvos presentar os resultados dun pan 100% caseiro, feito con fariña de trigo "do país", de Lentura (Asociación de produtores de Dodro, Rois, Ames, Brión). A cousa é moi doada: fariña, auga e algo de tempo. Falando disto na casa, describíronme como adoitaban facer o pan nas casas tradicionalmente. Despois de cada amasada, recollían as raspas da artesa, os restos de masa que podían quedar pegados, facían un boliño e deixábano gardado nun currucho da propia artesa para que fose o fermento da amasada seguinte. Adoitaban cocer unha vez á semana, como moito, así que ese bolo quedaba alí latente, e sen facerlle máis nada.  O procedemento que estou a seguir agora é algo diferente: a mestura inicial de fariña e agua, coa que se comeza a preparar o fermento, é máis líquida que a...