Publicacións

Plantamos patacas monalisa

Imaxe
O sábado facía moito frío e viñan trebóns,  pero aproveitamos que facía algo mellor pola tarde e fomos poñer unha caixa de patacas monalisa que son máis ben de cedo. Non quedan tan fondas como se ven na foto, se non a uns 8 ou 10 cm Misturamos folla de carballo con caghallas da granxa dos pitos Non hai que botarllo moi preto porque se non queima a pataca en primeiro plano as caghallas coa folla, e ao fondo Pepe co beso ben, unhas graias de nitramón tamén leva

Domingo de Entroido

Imaxe
Domingo de Entroido Esta semana, primeira de febreiro, aproveitamos un par de tardes boas e comezamos a plantar nas cousas da horta : ceboletas, allos, un rego de chícharos para cedo e espinacas. No domingo celebramos o entroido como merece o xantar Chourizos, orella, touciño da barriga, ... para "endulzar" os grelos. As filloas son as que quedaron de onte Facémolas nos testos do pote E de postre... orellas ! :D

Broa con pasas e Cocido para o domingo

Imaxe
Os días xa son moi curtos e o frío e a choiva cada vez arrímanse máis. Así que un bo cocido axuda a espantar a friaxe. Con pan e viño, faise o camiño. O pesuño do porco estaba boísmo :D  O tamaño da ración é xeneroso nesta pousada. Na foto de arriba vese o anaco de broa (pan de millo), en esta ocasión con uvas pasas . Aquí en detalle Broa (pan de millo) Nótense as pasas. Nótese tamén a berza na base. Nótese a cor por estar ben cocida e cómo escachou a codia. ***************** Para rematar, dicir que recollemos os kiwis antes de que chovese moito (ver entradas antigas da bitácora) e foi un bo ano. Pillamos máis kiwis que patacas :P Moitos aínda están un pouco duros para comer, pero según van madurando iremos comendo e durannos moitas semanas.

Tarta Mousse de Castañas

Imaxe
Tarta mousse de castañas O xoves pasado os Larpeiros da TVG fixeron esta tarta de castañas e eu adapteina un pouco ao meu gusto e aos ingredientes dispoñibles. No seu facebook está dispoñible . Pero aquí vai a miña tarta. Copio e pego os ingredientes : Para a base: Masa quebrada 250gr de fariña 25gr de améndoa moida ( diferencia ) 160g de manteiga 1 ovo ( diferencia , so a xema) 1/2 cullerada pequena de sal 75g de azucre moído Para a crema de castañas:   500g de castañas cocidas en leite 4 ovos 150g de azucre  150ml de nata 35% m.g. 150g de requeixo 1 chorriño de licor de castañas, eu boteille coñac 1 cullerada sopeira de cacao en pó, que os Larpeiros non llo botaron por enriba adornando. a torta xa rematada e fría (do tempo) espolvorexamos o cacao aquí vese a base, a mousse de castaña e o cacao lista para ... ...comer! :D

Fungallas - Receita tradicional

Imaxe
Fungallas Esta receita é un exemplo de pragmatismo e optimización dos (escasos) recursos cos que de cotío se atopaban en moitas casas galegas. Tiñas broa , probablemente dura de varios días, e con sorte unha tira de touciño . E nada máis! O resultado era unha comida potente , de alto valor enerxético e saciante. 1. Cortamos o touciño ou panceta en anaquiños pequenos e ímolos facendo nunha tixola a lume vivo para que solten a graxa que precisaremos despóis. 2. Collemos un anaco de broa e quitámoslle a berza da base, se a ten, ou o papel 3. Esperamos a que o touciño colla cor e solte a graxa 4. Esfariñamos a broa enrriba do touciño, sen baixar o lume. 5. Remexemos enérxicamente para ir mesturando e que non se pegue a tixola 6. Se vemos que a mistura é moi seca engadímoslle un pouco de aceita de oliva virxe extra 7. Non debe quedar enchoupado, pero tampouco seco. 8. A comer! 

Tarta de pexegos e crema pasteleira

Imaxe
Tarta pexegos e crema É unha tarta de base de masa quebrada e unha capa de crema pasteleira con froitas enrriba. Ingredientes Masa quebrada 200gr fariña 100gr manteiga 25gr fariña de améndoa 1 ovo 1 chisco de sal Preparación (masa quebrada): Nun bol poñemos a fariña, a fariña de améndoa, a manteiga (fría) e sal e refregamos ate que quede moido como area. A continuación botámoslle o ovo un pouco batido e se precisa auga engadirlla ate que faga unha masa que non se traballa. Facer unha bola coa masa, envolvela en plástico transparente e metela no refrixerador durante unha hora. Crema pasteleira 600ml leite 4 ovos 1 cullerada (de comer) de sucre 40gr de fariña 30gr de maicena Froita pexego en lonchas framboesas marmelo (de albaricoque) Estiramos a masa quebrada e extendémola nun molde duns 22cm e ao forno a 180º ate que está lixeiramente dourada (40’ aprox.). Deixamos que enfríe a base e a crema pasteleira (moi importante que estén frías) e e...

Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños

Imaxe
Crema de Queixo e Crema de Limón en vasiños Tras ver a receita de este postre en Las Recetas fáciles de María.  Fíxen o experimento :D Tres vasiños con chiculate raiado É un postre "contundente", así que non hai que pasarse coas cantidades, pero está riquíssssimo e fresquiño do refrixerador é moi apetitoso. Combina moi ben a crema de limón co doce da de queixo.