Publicacións

pexegueiro e patacas

Imaxe
Estas son as patacas de cedo, naceron irregularmente pero parecen boas Estas son as flores do pexegueiro que está xunto ás tuias xa xerminadas Estas son as patacas da caixa plantadas nas moreas. Aquí vense dúas xa nacidas. E aquí as 100 plantas. Cada burato é onde están as plantas.

Nos primeiros de Abril

Imaxe
Aqui pódese ver un eito da leira contra arriba. Arriba de todo están os allos, á dereita unha pouca lechuga tapada coa tela para logo trasplantar. O que se ve xunto ó pe son os regos co cebolo. Estos dous regos son patacas "pintas" que seica quedan moibien na ensaladilla (sic). Estas son as ceboletas que están abaixo dos dous regos das patacas pintas. Abaixo das ceboletas todo é chícharos menos tres regos de tirabeques.

Xa estou de volta.

Onte puxemos as patacas )venres 16) e hoxe puxemos unha caixa das compradas, e uns pes de repolo e tamén un pouco cebolo. Nos próximos días vou a publicar uns videos de cómo facer enxertos.

Temporada Baixa

pois sí. Nesta época só hay o repolo (o plantado en agosto) que cerrou moi ben e está san a pesar dos vermes que tiña ó principio. E tamén hai nabizas e grelos. Moi bos, o cocido con garbanzos e cacheira e touciño con algo de freva e un oso do arambelo está moi rico. Poucas cousas quedan. O millo foi ruín, un pouco para os cochos e nada máis. Seguramente foi pola seca deste verán. continuará....

plantados uns pes de repolo

pois sí, o sábado pasado plantei uns 40 pes de repolo. Hai que plantalos antes de NuestraSeñora, porque se non despois non cerra. Parece increible, a que sí. Pero xa fixen a proba e non cerrou. Puxen tamen 7 pes de coliflor. Como había moita seca (xa sabedes que leva 10 días ardendo o monte en Galiza) pois fíxenlle unha pouca lama en cada pe para que prendesen. Despois tapeinos coas ramas secas das patacas e que así permitenlle gardar esa pouca humidade. Ademáis, neste tempo xa empeza a caer o resío pola noite polo que malo será que non prendan. O millo está todo seco, non vale nada. Ate outra.

Os vermes deste ano.

jodidos vermes. Din que veñen do xurro das leiras de herba do lado. Chámanlle "cadelas" e seica se se lle bota cal á leira (na primavera) non veñen. Este ano non se lle botou e hai moitos. Afectanlle ós tomates, pero tamén ó millo, ás patacas,... Polo menos as cebolas son moi boas e están sans. As ceboletas tamén.

Calendario do agricultor

os tomates van chejando, e había moitos, pero resulta que se lles mete un verme dentro que lle hai que ir quitando un a un. Se os sulfatamos agora despois non se poderán comer, xa é moi tarde. Cos pementos pasou o de todolos anos. Compras dunha clase e resultan ser de outra. No canto de ser dos de Arnoia saíron dos italianos (esos longos, verdes e estreitos) e dos do piquillo. Vai empezar agosto, e como é normal hai moita seca. Xa levantamos as cebolas porque dixeron qu iba caer un orballo (que non veu) e por si se mollaban igoal logo pudrían. Así que para a casa. O millo ta decaído, seco. Vale pouco.