Filete de pescada con champiñóns

Filete de pescada con guarnición de champiñóns


Ingredientes:

  • Filete de pescada
  • Aceite de oliva virxe
  • Pirixel
  • Champiñóns (mellor frescos)
  • Porro (ou cebola)
  • Pemento morrón vermello
  • Allo
  • Sal

Preparación:

Collemos os filetes de pescada e poñemolos nun plato, pintámolos con un chorriño de aceite de oliva virxe. Salámolos ao gusto e espolvorexamos un pouco pirixel fresco picado finiño.

Deixamolos repousar un anaco a temperatura ambiente mentras facemos os champiñóns.

Nunha tixola grande (porque os champiñóns encollen, pero bultan moito ao inicio) poñemos un par de culleradas de aceite de oliva e botamos un dente de allo picado en láminas finas, pemento morrón vermello picado en dados pequenos e  un par de minutos despois tamén engadimos  o porro picado  (ou cebola picada moi fina). Deixámolos pochar un pouquiño máis (con lume suave) e engadímoslle os champiñóns limpos, secos e cortados en láminas. Subímoslle o lume e deixamos sen tapar a tixola.

Deixamos que se vaian facendo remexendo cunha culler de madeira de cando en vez ate que estén feitos ao gusto, con lume xa algo máis suave. Cando estén case feitos picámoslle unhas polas de pirixel fresco por enriba, misturamos ben e baixámoslle o lume.

Mentras rematan de facerse, metemos os filetes no microondas un par de minutos a un 30% da potencia máxima e uns 40" ao máximo (depende do grosor do filete).

Unha vez feitos engadímoslle a guarnición dos champiñóns e a comer.



Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A colleita

Courgettis con boloñesa

Torta de abelás - Larpeiros TVG