Tarta de marmelo
Tarta de Marmelo.
Vista en Fogones Tradicionales (Canal Cocina)
Ingredentes:
- masa de pan
- aceite de oliva
- dous ou tres marmelos
- un puño de noces
- sucre
- fariña
Elaboración:
Facer a masa como para pan, incluso se lle pode botar un ovo para enriquecela, estirala cos dedos e untada con aceite de oliva nunha placa para o forno. Os marmelos, pelados, limpos e en cuñas.
Sobre a masa estirada bótase un pouquiño de aceite de oliva e sucre e por enriba colócanse as cuñas de marmelo. Por enriba repártense unhas noces en anacos.
Espolvoréxase un pouco de fariña polas noces para que non as queime o forno. Bótase por enriba de todo outro pouco de aceite de oliva e sucre. Co forno a 180ºC deixase unha media hora ou ate que estexa dourada.
Resultado:
e aquí máis de preto
non está queimada ainda que o parecese na foto. Ñam!
Comentarios