Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta receita

Cogomelos con brócoli

Imaxe
receita dunha gornición a base de cogomelos que acompaña ao brócoli (que boa falta lle fai 😅) Ingredientes cogomelos variados, ou dos que teñas a man/de oferta (un plato bo deles picados) tona do leite (brick de 200ml) queixo ( tetilla , sansimón, semicurado, o galmesano ese...) cebola aceite de oliva brócoli Preparación Están a venda surtidos de cogomelos variados, pero podes mercar un só tipo que a ti máis che guste (champiñons, pleuroto , shiitake , ....) cogomelos, ao teu gusto surtido de cogomelos , este tipo de bandexas son moi xeitosas para comer varios distintos sen deixar unha fortuna en cogomelos "raros" , que en xeral tampouco son moi bós de atopar, en fresco. Póchalas, xunto cunha pouquiña cebola en xuliana fina, picadas ou non según o teu parecer, nun pouco de aceite de oliva, a lume moderado. Dalle voltas, que non se queimen. Prefiro non darlle allo, porque o sabor é bastante intenso xa co queixo e máis o propio efecto da tona (a graxa dilúe os a...

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG

Biscoito de castañas - Larpeiros TVG Fonte : Larpeiros-TVG, 4 de Nadal 2018 Ingredientes 250 gr fariña trigo 150 gr fariña castaña 1 sobre lévedo 1/2 cullerada bicarbonato 200 manteiga 200 azucre 1 vaso pequeno licor castañas en sirope (confitadas?) pedriñas de chocholate 5 ovos 1,5 litros de leite enteiro 200 gr. de castañas enteiras peladas Preparación Poñemos nun cazo grande o leite ao lume e cocemos as castañas peladas durante unha hora aproximadamente . Un vaso do leite de cocer apartámolo para o biscoito, pois terá o gusto das castañas. Espelexamos as castañas cocidas, picámolas ben e reservámolas. Podemos ir poñendo o forno a 180º para que vaia quencendo e tamén untar o molde desmontable con manteiga e enfariñalo. Nun bol bater manteiga e o azucre (200gr. cada un) para empomar a manteiga , e cando xa están ben misturados ímoslle engadindo os cinco ovos , un a un. Agora ven a fariña de trigo, o bicarbonato e o lévedo. Todo peneirado ben miudiño e...

Charlota de amorodos - LarpeirosTVG

Imaxe
Charlota de amorodos por Larpeiros TVG Fonte : Ver programa, 11 de xuño biscoito de améndoa 4 ovos 300 gr. fariña de améndoa (tamén vale de trigo, pero non é o mesmo) 200 azucre limón canela mus de amorodos 1.2kg de amorodos (en anaquiños e anacos) 500ml. nata 80gr. azucre 1 pouquiño marmelo de amorodo 5 follas de xelatina 1 cunca de arandos pola de menta feixe de biscoitos arredor enchoupados de leite Eu só lle fixen unha capa biscoito (parécese a tarta de santiago ) batemos os catro ovos co azucre, raiamoslle a codia do limon e botámola xunto cunha pinguiña de canela. untamos o molde coa manteiga e a fariña botamos os 300gr de fariña de améndoa cos ovos e o azucre e remexemos coa culler de pau. Amoado ao forno: 25' a uns 180ºC Mus (mousse?) 400ml. de nata fría e montámola, botámoslle 80gr de sucre e montámola pero non totalmente ( semimontada , semella unha preferencia persoal). auga tépeda para derreter a xelatina e ablándámolas para, sacalas a un bol onde as ...

Secando figos

Imaxe
Agora que chegou a chuvia e algo de frío, quitamos os poucos figos que aínda quedaban na figueira para intentar secalos e conservalos unhas semanas máis. Secado Córteinos pola metade e metinos no forno da cociña de ferro . Como en esta época do ano está acendida moitas horas aproveitase así tamén o calor para secar "cousas". O millo, figos, ... Figos secando no forno Pódelos secar nun forno eléctrico , poñendo unha temperatura suave (uns 80-100ºC) e deixalos durante horas ata que están secos. Enfariñado Pasados tres ou catro días (depende do lume que fagamos), cando xa se ven con un aspecto similar ao que teñen os que che venden nas tendas (encollen e enrrugan), metinos nunha bolsa e a través dun coador (para que non faga grumos) boteille un par de culleradas de fariña. Espolvorexeille ben e despois axitei-sansaniquei a bolsa para que a fariña se pegase ben ao figo. Tras varios días secando e pasalos por fariña Están moi ricos. Hai quen dí que mellor que fre...

Cunquiños de masa filo con grelos e queixo de cabra

Imaxe
Inspirada por Crujiente masa philo de espinacas y queso de cabra de Isabel (Frabisa) Na miña receita substituín as espinacas por grelos . Para cantidades e procedemento está moi ben explicado na receita de Frabisa , así que aquí só porei as fotografías así como as modificacións e particularidades que da miña elaboración. Aquí está na tixola o salteado de grelos, ceboliña, uvas pasas, etc. Untando as láminas de masa filo con ovo cada lámina forrando o seu cunco, repartimos o salteado Córtanse as rodaxiñas de queixo de cabra (un par) e xa está listo para ir ao forno, uns 10' (ate que se funda o queixo). Hai que ter coidado de que non se queime a masa filo, polo que se pode tapar con papel de aluminio para protexela pero que siga fundindo o queixo. E aquí o resultado final Un primeiro plato ben sabroso e doado de facer.

Courgettis con boloñesa

Imaxe
Courgettis(*) con boloñesa . Receita de BBCGoodFood foto en BBCGoodFood Ingredientes (para 4): 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra 500g turkey mince (thigh or breast)   eu utilicei peituga de polo unha cebola grande (cortada finiña) pemento morrón (engadido meu) 1 dente de allo (esmagado) 2 cenorias grandes peladas en en rodaxas 150 gr. de champis cortados en anacos grandes 1 cullerada de puré de tomate 2 latas de 400gr. de tomate triturado ( ou tomate fresco ben maduro e en anaquiños ). 2 chicken stock cubes ( nada de avecren!, bótalle caldo de verdade ) 1 cullerada de salsa de soia ( eu non lla botei ) Editado: Ver comentarios abaixo . unhas graias de cilantro (colleita propia) 4 cabaciños grandes (da miña horta tamén) grated pecorino or Parmesan para servi r, ou un queixo do teu gusto unhas follas de albahaca (eu púxenlle unhas follas de perexil) Cociñando: 1 Quenta unha cullerada de aceite de oliva virxe extra nunha pot...

Hamburguesas de lentellas

Imaxe
HAMBURGUESAS DE LENTELLAS. Receita para sustituír a carne por lentellas para facer hamburguesas. Orixinalmente lin a receita en Eat&Run , libro de Scott Jurek e que podemos ver na súa web . As fotos son miñas, o texto da receita saqueino do libro con anotacións personáis. Ingredientes (12 hamburguesas de 10cm. de diámetro). 1 taza de lentejas verdes secas (2 y un cuarto si son cocinadas) 2 tazas y un cuarto de taza de agua 1 cucharadita de perejil seco 1/4 de cucharadita de pimienta negra 3 dientes de ajo picados 1 taza y un cuarto de taza de cebolla cortada muy fina 3/4 de taza de nueces cortadas muy finas 2 tazas de pan rallado  1/2 taza de semillas de lino en polvo (harina de semillas de lino) 3 tazas de champiñones troceados en trozos pequeños 1 taza y media de col, espinacas o acelga, berza, etc., sin tallos 2 cucharadas soperas de aceite de oliva o de coco 3 cucharadas soperas de vinagre balsámico 2 cucharadas soperas de mostaza de Dijon 2 cuc...

Semifrío de turrón.

Imaxe
Semifrío de turrón. Despois de nadal, miras na lacena e bates en cousas que sabes que non acabarás comendo. Se miras no refrixerador... qué dicir!! Entón buscando un pouco cheguei esta receita , e a min quedoume así. detalle A améndoa en láminas non deixa apreciar de todo o sabor da propia améndoa do turrón. Esta rico e cremoso, e tamén doce a pesar de non terlle botado todo o sucre que indica a receita. Copio e pego ¿Qué ingredientes necesito para preparar .. Semifrio de turrón? 1 disco de bizcocho de los que venden preparados   (maaaaaaaaaaaaaaaaal!!!! ,  fai un bizcoito sinxelo) 200 gr. de turrón de Jijona Un chorrito de  nata Crocanti de almendra para decorar Para la crema: 250 ml. de leche 125 gr. de azúcar 4 yemas 5 hojas de  gelatina  neutra 400 gr. de  nata  montada Fonte:  http://semifrio-de-turron.recetascomidas.com/

Iogures caseiros con iogurteira

Imaxe
Cómo facer iogures na casa coa iogurteira? Unha iogurteira é un aparato eléctrico que mantén nunha marxe moi estreita e constante a temperatura para que as bacterias poidan "fabricar" o iogur . Este entorno favorable pódese crear tamén nun forno ou deixando os iogures xunto a unha fonte de calor suave. Non ten moita ciencia* facer iogures. Para os meus 6 botes: - 750ml. leite de vaca. Pero de vaca eh! * - 1 iogur "bio" natural do supermercado. Ingredientes Nun bol botámos o leite, a temperatura ambiente, e engadímoslle o iogur. Remexemos ate que o iogur se integre co leite. Repartimos a mezcla nos botes de cristal, deixámolos sen a tapadeira posta , e colocámolos na iogurteira. Tapamos e conectamos o aparato. Iogurteira ... doce horas despois desconectas a iogurteira (ou se ten reloxio pois prográmala con este tempo). Probablemente haxa un pouco de condensación no borde dos botes así como na tapadeira da iogurteira. Agora tapas cada bote ...

Barriñas enerxéticas caseiras

Imaxe
RECEITA PARA BARRIÑAS ENERXETICAS Ingredientes: Un vaso grande de copos de avea Unha cullerada e media de salvado de trigo Un par de culleradas de fariña de amendoas 6/8 avelás naturais 6/8 noces naturais 6 orellóns de albaricoque 12 uvas pasas de Malaga 3 culleradas sopeiras de mel 1 cullerada sopeira de azucre integral de cana 50 gramos de manteiga 1 culleradiña de canela Preparacion: Cascar e picar as noces e mais as avelás, os orellóns e as uvas pasas. Mesturar todos os ingredientes secos, menos o azucre e a manteiga, e que queden ben mesturados. Nun cazo poñer ao lume o mel co azucre e mais a manteiga ata que estea o azucre ben derretido. Botar isto sobre a mistura seca e homoxeneizar ata conseguir unha pasta. Estender nun molde cuberto con papel de forno.   Opcional : cobertura de chocolate : poñer nun cazo 50/70 gramos de chocolate negro cun par de culleradiñas de leite. Fundilo ata que estea completamente derretido e verter sobre a masa con xeito....

Filete de pescada con champiñóns

Imaxe
Filete de pescada con guarnición de champiñóns Ingredientes: Filete de pescada Aceite de oliva virxe Pirixel Champiñóns (mellor frescos) Porro (ou cebola) Pemento morrón vermello Allo Sal Preparación: Collemos os filetes de pescada e poñemolos nun plato, pintámolos con un chorriño de aceite de oliva virxe. Salámolos ao gusto e espolvorexamos un pouco pirixel fresco picado finiño. Deixamolos repousar un anaco a temperatura ambiente mentras facemos os champiñóns. Nunha tixola grande (porque os champiñóns encollen, pero bultan moito ao inicio) poñemos un par de culleradas de aceite de oliva e botamos un dente de allo picado en láminas finas, pemento morrón vermello picado en dados pequenos e  un par de minutos despois tamén engadimos  o porro picado  (ou cebola picada moi fina). Deixámolos pochar un pouquiño máis (con lume suave) e engadímoslle os champiñóns limpos, secos e cortados en láminas. Subímoslle o lume e deixamos sen tapar a tixola. Deixamos ...
Imaxe
Cea vexetariana moi fácil e en... 25 ou 30 minutos: verduras ao forno. Neste caso o único da nosa horta son os esparragos, as ceboletas, o apio e o tomiño (polo de agora). O resto: boniato, cenorias, chirivía e un pouco de col china (crúa). Un chisco de sal, un chisco de aceite de oliva, un pouco allo picado e pirixel ao final. Media hora escasa de forno e ala! E ben que nos prestou! :P

Rosquillas indecisas

Imaxe
Rosquillas indecisas Visto en "Fogones tradicionales" (canal cocina, 17/02/13) Ingredientes: 1/4 litro largo de aceite de oliva (mellor virxe extra ) 1/4 litro largo de auga 350 gr. de fariña 1 pico de sal (opcional) 7 ovos Moscatel e sucre (para o baño) Preparación: Poñer a auga, o aceite e a pinga de sal todo xunto nunha pota ao lume ate que fervan. Nese intre engadir a fariña de golpe  toda xunta, quitar do lume e rexemer enérxicamente ate que esté ben misturado. Cando esté tépeda a mistura hai que ir engadindo os ovos un a un integrándoos na masa de xeito manual. Feito o anterior, cunha culler fas boliñas coa masa sobre a placa do forno (untada en aceite) ou papel de forno e co dedo untado e aceite fas o buraco central. Meter no forno, que estará moderadamente alto, ate que estén doradas. Deixamos enfríar e bañámolas no moscatel (nun bol)  só polo lado superior un par de segundos; retiramos e deixamos uns segundos a que absorba ese viño ...